O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense comezará este domingo

0

 

Xa conta con 723 corredores inscritos, e o prazo remata mañá

 

 

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará este domingo, 24 de abril, coa súa primeira cita, que percorrerá as rúas do barrio do Vinteún. As persoas interesadas en participar poden realizar a inscrición ata mañá, mércores, 20, a través da páxiuna web www.deportesourense.com. A inscrición da dereito a participar nas 6 probas das que consta o circuíto. A día de hoxe xa son 723 os atletas inscritos: 442 adultos e 281 menores de 18 anos.

 

O certame convida a veciños e veciñas de Ourense de todas as idades a desfrutar do deporte correndo polos barrios da nosa cidade, de xeito lúdico ou competitivo.

 

Esta primeira carreira ten unha extensión de 6.000 metros na categoría absoluta (para atletas xuvenís, Junior, Promesas, Seniors e Veteráns). A saída será ás 12,30 horas, con saída e meta na rúa Madre Soledad, percorrendo Avenida de Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Avenida de Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos.

 

Previamente, desde as 12:00 serán as categorías de nenos e mozos: 12,00h: Pitufos, 12,10h: Benxamín, Alevín, 12,15h: Infantil e Cadete

 

O circuito está formado por 6 probas, todas en horario de mañá, a partir das 12,00h, agás a do Couto, que será nocturna (22,00h):

 

1ª DOMINGO 24/04/2015 CARREIRA DO VINTEÚN

2ª SÁBADO 21/05/2015 CARREIRA DO COUTO

3ª DOMINGO 26/06/2015 CARREIRA DO CENTRO

4ª DOMINGO 04/09/2015 CARREIRA DA PONTE

5ª DOMINGO 25/09/2015 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA

6ª DOMINGO 23/10/2015 CARREIRA DA CARBALLEIRA

 

Circuitos Correndo por ourense

Inscripción

Las inscripciones se pueden realizar ya en la página web del Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com. El plazo remata el miércoles anterior la cada carrera, y se vuelve a abrir el lunes siguiente la cada prueba. Habrá novamente las categorías pitufos (año 2010 y posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, juvenil, xunior, promesa, senior (1993 y anteriores), y veteranos, en 4 categorías; hasta 44 años, hasta 54, hasta 64 y mayores de 65,

El circuito está organizado polo Consello Municipal de Deportes del Ayuntamiento de Ourense con la colaboración del Colegio Divino Maestro, el Club Esprintes Ourense, la Delegación Ourensana de Atletismo, el Club Ourense Atletismo, el Club Deportivo Aurum y la Asociación de Vecinos Carlasca.

Toda la información y materiales divulgativos de la prueba en

http://www.deportesourense.com/portada/corriendo-por-ourense-2016/