O centrocampista Charly renova por unha tempada coa UD Ourense

0

 

Carlos López Sánchez (Xinzo de Limia, 1999), renova o seu compromiso coa UD Ourense. O canteirán quere demostrar que pode ser un xogador importante ante a que:» É a mellor afección da categoría».

O centrocampista limiano, xogou a pasada tempada 898 minutos repartidos en 16 partidos, 10 de titular e marcou tres goles.

Charly espera unha tempada competitiva e loitando por o playoff:» Será unha tempada complexa, pero faremoslle frente con un gran grupo, ilusionado, unido e con moitas ganas de disfrutar e loitar por estar arriba».

Tiña claro que non había dúbidas de que quería renovar:» Polas ganas de demostrar e convertirme nun xogador importante, e devolver ao club e afeccion onde se merecen estar». Unha afección a que: « Pouco máis se lle pode dicir á mellor afección da categoría, con ganas de desfrutar con eles no Couto, este vai ser un gran ano».