O Celta volve á Liga con derrota

0
Foto: LaLiga

Fotografía: La Liga Santander

FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-1 Villarreal CF

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Lucas Olaza, Araujo, Jeison Murillo, Bradaric, Pape Cheikh, Rafinha, Juan Hernández, Santi Mina e Iago Aspas.

Aliñación Villarreal CF: Asenjo, Pau, Mario Gaspar, Alberto, Albiol, Cazorla, Anguissa, Iborra, Paco Alcácer, Moi Gómez e Gerard.

Goles: 0-1, min. 91 (Trigueros).

Árbitro: Pizarro Gómez

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Volveu a Liga, pero o Celta parece que seguiu adestrando na Madroa para o futuro. Dende o inicio os celestes non conseguiron conectarse ao partido e foi Rubén o único que detivo as acometidas rivais. O equipo parecía tan triste como Balaídos baleiro. Ata que no tempo de desconto Trigueros anotou o único tanto que daba a vitoria ao Villarreal.

No primeiro tempo o submarino comezou xa con intensidade e puxo a proba a Rubén en varias ocasións. Con todo, o gardameta de Mos resolveu con certa claridade. Algunhas ocasións destacadas foron de Cazorla, Iborra, Albiol ou Gerard Moreno, en total 11 disparos a porta dos amarelos. Mentres os celestes só dispuxeron de dous centros de Olaza e un disparo de Rafinha.

No descanso produxéronse os cambios de Aidoo Okay por Juan Hernández e Pape Cheikh. Aí o Villarreal non tivo tantas ocasións, aínda así Rubén continuou sendo o mellor do equipo. A continuación, o Celta colleu algo máis de confianza co encontro destacando unha boa ocasión de Okay a centro de Olaza. Entraron ao campo SistoSmolov Denis por Rafinha, Santi Mina e Hugo Mallo, pero a situación case non variou. Ata que no minuto 91, nunha contra do Villarreal tras unha perda de balón de Pione, rematou no gol de Trigueros.

O único bo deste resultado é que axiña teremos unha nova oportunidade para volver a gañar, o mércores ás 19:30 contra o Valladolid. É fundamental non perder o obxectivo. Esta non é unha nova liga. É a mesma que deixamos en marzo, aínda que non o pareza, e estamos a un punto do descenso. O equipo debe mentalizarse para dar todo no campo para acadar a salvación. A afección estará en alma co Celta.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander