FICHA TÉCNICA

RCD Mallorca 5-1 RC Celta

Aliñación RCD Mallorca: Reina, Valjent, Pozo, Agbenyenu, Raíllo, Baba, Salva Sevilla, Take, Dani Rodríguez, Budimir e Hernández.

Aliñación RC Celta: Rubén, Lucas Olaza, Jeison Murillo, Kevin Vázquez, Araujo, Okay, Rafinha, Bradaric, Denis Suárez, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 1-0, min. 13 (Budimir). 2-0, min. 27 (Hernández). 3-0, min. 40 (Pozo). 3-1, min. 50 (Iago Aspas). 4-1, min. 52 (Budimir). 5-1, min. 60 (Salva Sevilla).

Árbitro: Ricardo De Burgos Bengoetxea

Campo: Estadi Visit Mallorca

ANÁLISE

Este Mallorca-Celta non será lembrado por nada bo, moi pouco hai que sacar. O encontro xa comezou co tremendo erro de De Burgos Bengoetxea cun penalti ao Mallorca, despois un gol válido de Murillo que non subiu ao marcador e a continuación o despropósito dos cinco goles encaixados polo Celta.

Nos primeiros instantes do partido o galego Dani Rodríguez cae na área celeste, diante de Santi Mina, e o colexiado pita penalti inmediatamente. Despois de ser revisado polos colexiados do VAR, e con moitas dúbidas, é Bengoetxea o que revisa a xogada na pantalla do terreo de xogo. Non sabemos o que penseu durante os 6 minutos que estiveron a revisar, pero o que parece claro é que Mina non ten contacto para que Rodríguez caia desa forma na área. Aínda así, o colexiado principal decide seguir adiante e non recoñece o erro. Gol de Budimir de penalti. Pouco despois, cando os celestes estaban atacando, Murillo disparou á portería de Reina cun cabezazo. O balón traspasou totalmente a liña de gol da portería, cousa que foi observada por Iago Aspas e demais xogadores celestes, pero o colexiado non prestou atención. No 27, Hernández anotou o 2-0 e o encontro poñíase máis costa arriba. Inmediatamente despois, Denis Suárez abandoou o campo lesionado (padece unha lesión no biceps femoral esquerdo). O Celta dispuxo de boas ocasións de Bradaric Nolito, pero a sorte non estaba da súa parte. No 40 Pozo puxo o 3-0 cun gran lanzamento que non deteu ningún celeste.

No descanso Óscar deu entrada a Smolov por Okay co obxectivo de marcar. Só Iago Aspas puido facelo, convertendo un penalti realizado a Santi Mina. Parecía que había esperanzas de remontar, pero dous minutos despois Budimir puxo o 4-1. No 60, Salva Sevilla marcou o definitivo 5-1.

Este partido podía ser moi importante para o Celta se vencera e puxera máis marxe aínda co Mallorca. Pero non puido ser, a distancia co descenso acúrtase a 5 puntos. No vindeiro encontro ante o Betis non poderemos contar con Lucas Olaza, que deberá regresar a Boca Juniors porque o Celta non chegou a un acordo co equipo arxentino. Decisión incomprensible que pode pasar moita factura ao equipo, escaso de laterais esquerdos. A situación cambia rápidamente dun día ao outro, agardemos que o sábado melloren as circunstancias.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander