O Celta solventa sen problema a 1ª rolda da Copa | Ebro 0-5 Celta

0

FICHA TÉCNICA

CD Ebro 0-5 RC Celta

Aliñación CD Ebro: Rubén Cebollada, Sarriegi, Meseguer, Jorge Adán, Ayoze, Nahuel, Abel Suárez, Nando Quesada, Miguel Díaz, Chárlez e Altube.

Aliñación RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Murillo, Carlos Domínguez, Fontán, Tapia, Okay, Solari, Baeza, Cervi e Galhardo.

Goles: 0-1, min. 32 (Santi Mina). 0-2, min. 43 (Augusto Solari). 0-3, min. 54 (Franco Cervi). 0-4, min. 57 (Franco Cervi). 0-5, min. 92 (José Fontán).

Árbitro: Mateu Lahoz

Campo: Estadio de La Romareda

ANÁLISE

O Celta solventou o primeiro encontro de Copa do Rei sen moitas complicacións. No primeiro tempo comezou a encarrilar o partido cos goles de Santi Mina e Augusto Solari. Na segunda metade, Franco Cervi (x2) e José Fontán acabaron de rematar a contenda.

Nada máis comezar o encontro, Galhardo dispuxo dunha boa ocasión que marchou fóra por pouco. Despois o Ebro tivo algunha que outra ocasión e xerou perigo na área de Rubén. Porén, no minuto 20 chegou unha mala nova para o Celta, a lesión de Thiago Galhardo, un dos máis activos dos celestes no primeiro tempo. Máis adiante, Tapia realizou un bo lanzamento que saiu rozando o poste. No 30, Baeza puxo a proba a Rubén Cebollada, pero acto seguido Santi Mina si foi capaz de batelo e marcar o primeiro. No 43, Solari sacou da manga un gran lanzamento e anotou o segundo da noite para os visitantes.

Pouco despois de comezar o segundo tempo, Cervi marcou o terceiro da noite mediante un disparo cruzado. No 56, Cervi volveu marcar, facendo o segundo gol na súa conta particular. O arxentino estaba a materizalizar con tantos as súas boas actuacións nos últimos partidos. Entremedias chegou unha ocasión de Chárlez para o Ebro, pero o balón marchou desviado e non molestou a Rubén. Cando o Celta tiña máis ventaxa no marcador, o Ebro atreveuse a probar a meta celeste cunha ocasión destacada de Oier. Chegando ao desconto, os vigueses reactiváronse e Nolito tivo dúas boas oportunidades de gol. No engadido, José Fontán marcou o quinto e definitivo gol.

Aínda que ao comezo do primeiro tempo o Celta non estivera xogando o seu mellor partido foi quen de solventar o encontro. A nota negativa foi a lesión de Thiago Galhardo. Oxalá sexa o menor posible, xa que o dianteiro brasileiro estaba nun dos seus mellores momentos de forma.

Imaxe

Fotografía: RC Celta