O Celta sofre ante o Athletic a segunda derrota da Liga (0-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 0-1 Athletic Club

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Javi Galán, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación Athletic Club: Unai Simón, Lekue, Vivian, Iñigo Martínez, Balenzia, Berenguer, Dani García, Unai Vencedor, Muniain, Williams e Sancet.

Goles: 1-0, min. 34 (Willians).

Árbitro: Mateu Lahoz

Asistencia: 5.492 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta colleitou ante o Athletic Club a súa segunda derrota do campeonato. Williams marcou no primeiro tempo, pero os vigueses non puideron remontar pese ao seu esforzo no terreo de xogo.

O choque comezou con intensidade e sen aproximacións claras de ambos equipos. Pasados os cinco minutos o Celta tomou a iniciativa e estivo bastante activo na área rival. Santi Mina, Iago Aspas, Nolito ou Brais Méndez dispuxeron de boas ocasións para abrir a lata desta tarde de sábado. Con todo, o Athletic con só un par de lanzamentos entre os tres paus, foi o que conseguiu marcar. Iñaki Williams bateu a Dituro e puxo o 0-1. A pesar das adversidades, os celestes non se renderon e seguiron batallando nos minutos restantes ata o final.

A segunda metade comezou con intensidade. Willians anotou o segundo para o Athletic, pero Mateu Lahoz anulouno por unha falta previa ao tanto. Nos minutos seguintes o partido púxose bronco e houbo moitas faltas. No minuto 58 os xogadores celestes pediron un penalti a Santi Mina, pero non foi sinalado. O Celta tentábao, emporiso non conseguía crear ocasións claras. Para tratar de mellorar Coudet deu entrada a Fran BeltránCervi e Solari. Este último gozou dunha oportunidade de marcar, pero non foi quen de rematar. O Athletic tamén tivo unha ocasión na que Williams e Muniain non conseguiron rematar. Como os cambios non daban efecto, Coudet deu entrada a Thiago Galhardo, que debutaba en Liga. O segundo tempo tamén estivo plagado de ocasións polémicas do colexiado más que o celtismo lle recriminaba non ter sinalado algunhas faltas. No desconto, Cervi tuvo unha oportunidade que marchou por riba.

A pesar dos intentos durante todo o partido, o Celta non foi capaz de sacar algo positivo deste encontro. Viuse superado polo xogo do Athletic. Este primeiro parón serviralle aos de Coudet para reflexionar. Un punto de nove posibles é un balance un tanto triste para comezar a Liga.

Fotografía: LaLiga Santander