FICHA TÉCNICA

CA Osasuna 2-1 RC Celta

Aliñación CA Osasuna: Herrera, Estupiñán, David García, Roncaglia, Aridane, Oier, Darko, Torres, Iñigo Pérez, Adrián e Enric Gallego.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Araújo, Jorge Sáenz, Aidoo, Okay, Rafinha, Lucas Olaza, Hugo Mallo, Fran Beltrán, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 1-0, min. 10 (Santi Mina). 1-1, min. 23 (Enric Gallego). 2-1, min. 91 (Arnaiz).

Árbitro: Pizarro Gómez

Campo: Estadio de El Sadar

ANÁLISE

sufrimento é común en Casa Celta. Se o equipo e os celtistas non sofren ata o final parece que non está ben o acadado. Ante o Osasuna, o Celta deixouse remontar tras poñerse por diante ao comezo. O seu mal xogo na segunda metade deixou moitos ocos para que os locais finiquitaran no desconto.

En contraposición ao mal que acabou o encontro, no minuto 10 os celestes xa estaban en cabeza cun tanto de Santi Mina nunha combinación con Iago Aspas e Rafinha. En principio o colexiado de campo anulara o tanto por fóra de xogo. Despois o VAR revisou a xogada e concedeu o gol. A continuación, o Osasuna non se rendeu e comezou a aproximarse á portería de Iván. Ata que no 23, Enric Gallego puxo o empate nun remate de cabeza sen moita oposición por parte da defensa do Celta. Antes do tempo de lecer, os locais e os visitantes tiveron ocasións para romper o empate.

No inicio do segundo tempo entrou Nolito por Jorge Sáenz, pero o sanluqueño non tivo moitas ocasións para marcar. No 66 entraron Kevin Vázquez e Bradaric por Rafinha e Fran Beltrán. Minutos despois saiu Mina e Óscar deu entrada a Juan Hernández. Os cambios non axudaron ao Celta, xa que o dominio estaba sendo do Osasuna. O derradeiro cambio vigués foi o de Brais Méndez por Lucas Olaza. Pero pouco despois, no tempo engadido, chegou o tanto de José Arnaiz de cabeza para que os tres puntos quedaran en Pamplona.

O Celta deixou pasar unha moi boa oportunidade para rematar a permanencia, confiando na derrota do Mallorca ante o Sevilla mañá. Haberá que seguir agardando ás dúas últimas xornadas da semana próxima ante o Levante e o Espanyol (xa descendido). A situación estaba bastante encarrilada, non nos deixemos ir agora.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander