O Celta salva un punto ante o Barça no último minuto (3-3)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 3-3 FC Barcelona

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Javi Galán, Tapia, Solari, Nolito, Denis Suárez, Galhardo e Iago Aspas.

Aliñación FC Barcelona: Ter Stegen, Mingueza, Erik García, Lenglet, Jordi Alba, Nico, Busquets, De Jong, Gavi, Memphis e Ansu Fati.

Goles: 0-1, min. 4 (Ansu Fati). 0-2, min. 17 (Busquets). 0-3, min. 34 (Memphis). 1-3, min. 52 (Iago Aspas). 2-3, min. 74 (Nolito). 3-3, min. 96 (Iago Aspas).

Árbitro: Hernández Hernández

Asistencia: 13.146 espectadores

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta e o Barça empataron a tres nun intenso partido en Balaídos. No primeiro tempo, o Barcelona marcou tres tantos por medio de Ansu FatiBusquets Memphis. Pero no segundo o Celta conseguiu remontar con dous goles de Aspas e un de Nolito. Os primeiros 45 minutos foron de cor azulgrana, pero na segunda metade o Celta carburou e adiantou liñas para empatar.

Unha hora e media antes do pitido inicial a contorna de Balaídos era xa un fervedoiro de xente. Afeccionados dun e doutro equipo agardaban a que chegaran os buses do Celta e do Barça. O autocar blaugrana foi recibido con apupos. Á chegada dos celestes, Coudet e Aspas foron dos máis aplaudidos.

Xa dentro do estadio, percibíase no ambiente que era un partido importante. Pola porcentaxe de billetes vendidos ía ser o encontro con máis espectadores dende a volta tras a pandemia.

Antes de comezar o partido, Sergio Álvarez realizou o saque de honra. Anunciara a súa retirada no final da pasada campaña. Porén, o celtismo non puidera darlle a ouvación que se merecía pola súa traxectoria.

A ledicia que a afección local tiña no inicio marchou rapidamente. No minuto 4, Ansu Fati adiantou ao Barça. Levantou o balón por riba de Hugo Mallo e Dituro non puido detelo. Nos días previos Eduardo Coudet animara ao celtismo a aplaudir a Aspas no minuto 10, e todo o estadio respondeu. Porén, seguiron chegando os goles do Barcelona. No 17, Busquets puxo o 0-2 no marcador. E no minuto 34 Memphis ampliou a ventaxa barcelonista co terceiro gol.

Na segunda metade, os xogadores do Celta saíron con enerxía para tratar de remontar. Cinco minutos despois da reanudación Thiago Galhardo marcou un gol, pero foi anulado polo colexiado. Con todos dous minutos despois chegou o tanto de Aspas. Esta vez si de forma válida. Máis adiante Nolito tamén viu como o seu gol era anulado. O Celta estaba volcado na área contraria. A fortuna foi favorable para o andaluz no 73. Nolito marcou o 2-3 e o resultado final xa non estaba tan claro coma antes. Tapia ou Javi Galán tamén dispuxeron de boas ocasións de gol.

Hernández Hernández deu 5 minutos de engadido. O Celta dispúxose a dar o último empurrón. Cun minuto máis por diante por perda de tempo, os celestes só pensaban en empatar. Ata que, no 96, chegou o ansiado terceiro gol da man de Iago Aspas. Balaídos saltou de alegría tras sufrir durante todo o encontro.

Con este empate, o Celta colócase décimo cuarto con 12 puntos. Pola súa banda o Barça está no noveno posto da táboa con 17 puntos. Este foi o último partido de Sergi Barjuan á fronte do equipo catalán. En poucas horas Xavi regresará a Barcelona para tentar endereitar o rumbo do equipo nesta liga.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander