FICHA TÉCNICA
RC Celta 2-2 FC Barcelona
Aliñación RC Celta: Rubén, Araujo, Jorge Sáenz, Aidoo, Jacobo, Okay, Denis Suárez, Brais Méndez, Kevin Vázquez, Smolov e Iago Aspas.
Aliñación FC Barcelona: Ter Stegen, Semedo, Umtiti, Jordi Alba, Piqué, Vidal, Rakitic, Riqui Puig, Ansu Fati, Luis Suárez e Messi.
Goles: 0-1, min 20 (Luis Suárez). 1-1, min. 50 (Smolov). 1-2, min. 67 (Luis Suárez). 2-2, min. 88 (Iago Aspas).
Árbitro: Cuadra Fernández
Campo: Estadio Municipal de Balaídos
ANÁLISE
Nos últimos partidos o Celta é un equipo impresionante, capaz de tusirlle a calquera e anotar os goles que fagan falta. Nesta ocasión tocoulle ao Barça enfrontarse aos celestes. Os blaugranas adiantáronse duas veces no marcador, pero o Celta empatou en sendas ocasións e case leva a vitoria.
O partido comezou cun ruxe ruxe pola aliñación de Óscar García. Deu entrada a Jacobo e Nolito ou Rafinha agardaban no banco. Pero o equipo deu a cara ante o Barça e loitou a pesar do dominio do balón dos visitantes. No minuto 20 gozaron dunha falta na frontal que Messi sacou para Luis Suárez e este anotou sen oposición dende o lado esquerdo de Rubén. A continuación, o Celta colleu máis enerxía e tivo varias ocasións de Smolov, Brais e Aspas. Duas accións nas que ruso e o moañés non se entenderon puideron significar algo importante.
No segundo tempo a afouteza celeste viuse dende o primeiro instante. Cun gran pase de Okay a Smolov, o ruso poñía as táboas en Balaídos para darlle máis ás ao Celta. Acto seguido entraron ao campo tres homes importantes: Bradaric, Nolito e Rafinha (por Brais Méndez, Smolov e Okay). Pero cando os celestes estaban dominando máis chegou unha xogada entre Messi e Suárez na que o uruguaio volveu anotar e darlle ventaxa de novo ao Barça. Pero como sempre, os afoutos volveron aparecer e a maxia de Iago viuse nun excelso lanzamento de falta para empatar no 88. O moañés celebrou ao Celta-Alavés de 2009. A cousa non quedou aí, no engadido Nolito fallou ante Ter Stegen cando tiña media portería baleira.
A rabia por non marcar o terceiro non debe empañar o gran partido realizado polo Celta. Un equipo solvente que lle quitou dous puntos a un dos conxuntos que loita polo campeonato de liga. A permanencia cada día está máis preto. O martes visitamos ao Mallorca, un dos implicados nesa pelexa. É fundamental conseguir un resultado positivo para comezar a finiquitar a salvación. Sigamos, Celta, así de felices.
Fotografía: La Liga Santander