FICHA TÉCNICA
Getafe CF 1-1 RC Celta
Aliñación Getafe CF: Yáñez, Nyom, Cabaco, Djené, Damián Suárez, Cucurella, Arambarri, Timor, Cucho, Maksimović e Ünal.
Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Lucas Olaza, Tapia, Miguel Baeza, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito e Iago Aspas.
Goles: 1-0, min. 7 (Damián). 1-1, min. 17 (Iago Aspas p.).
Árbitro: González Fuertes
Campo: Coliseum Alfonso Pérez
ANÁLISE
O Celta non conseguiu a quinta vitoria consecutiva, pero si un empate ante o Getafe que tamén ten o mesmo valor. Xa se sabía das especiais características dos de Bordalás, que se adiantaron cedo cun gol de Damián. Aspas empatou pouco despois e no resto do encontro os celestes resistiron as acometidas locais e arbitrais.
Ós 7 minutos de comezar, o Getafe xa estaba por diante. Damián anotou un golazo dende a frontal que non puido deter Rubén. Con todo, o Celta non se rendeu ante esta adversidade inicial, e 10 minutos despois González Fuertes sinalou un penalti do mesmo Damián a Lucas Olaza. Iago Aspas encargouse de transformalo en gol, o primeiro na súa traxectoria ante os azulóns.
No segundo tempo non houbo oportunidades claras para ningún dos dous equipos. O Celta tiña o control do balón, pero só conseguía que o Getafe lle fixera máis faltas e que o colexiado sinalara outras que parecían inexplicables. Nos últimos minutos sufriron algo os de Coudet, pero o marcador xa non se movería.
O vindeiro encontro para o Celta será o 30 de decembro ás 19:15 ante o Huesca en Balaídos, o derradeiro partido do ano. Despois tocará facer balance, pero agardamos rematar o ano mellor do que o comezamos.
Fotografía: La Liga Santander