FICHA TÉCNICA
Valencia CF 2-0 RC Celta
Aliñación Valencia CF: Cillessen, Correia, Paulista, Soler, Gaya, Guillamón, Blanco, Wass, Racic, Kang In e Maxi Gómez.
Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Murillo, Araújo, Aarón Martín, Tapia, Denis Suárez, Solari, Nolito, Ferreyra e Santi Mina.
Goles: 1-0, min. 93 (Manu Vallejo). 2-0, min. 97 (Kevin Gameiro).
Árbitro: Pizarro Gómez
Campo: Estadio de Mestalla
ANÁLISE
O Celta non conseguiu un resultado positivo ante o Valencia, aínda que fora un rival que está por baixo na táboa e que viña dunha semana convulsa co presidente e o adestrador. O primeiro tempo transcorreu sen moito perigo para ambos equipos, pero no final do segundo tempo resolveuse o partido. Rubén Blanco foi expulsado por unha entrada fóra da área e os chés aproveitaron para marcar dous goles no engadido.
Na primeira metade, o Valencia e o Celta dedicáronse a defender e non houbo ocasións destacadas de gol. Daniel Wass anotou, pero o tanto foi anulado polo colexiado por fóra de xogo. Nolito, Santi Mina e Renato Tapia recibiron sendas tarxetas amarelas. O peruano mancouse no nocello nunha acción ó inicio, pero seguiu xogando ata o final do partido.
Á volta do descanso o Celta iniciou con enerxía, con todo seguía sen gozar de oportunidades claras para narcar. Ata que chegou a xogada que desnivelou o partido. Rubén Blanco e Maxi Gómez chocaron diante da área e o dianteiro uruguaio caeu ó chan. En primeira instancia o colexiado non sinalou nada, pero o VAR revisou a acción e o porteiro celeste foi expulsado. Nos seguintes minutos, o Celta resistiu con todas as súas armas (entraron ó campo Iván Villar, Aidoo e Fran Beltrán). Aínda que a resistencia non aguantou o desconto, cando Vallejo puxo o 1-0 no 93 e catro minutos despois Gameiro anotou o segundo.
Ademais deste mal resultado, o Celta perde para o próximo encontro ante o Valladolid a Nolito (por acumulación de tarxetas) e a Rubén (pola expulsión). Aí xa estarán de volta Iago Aspas e Brais Méndez para intentar vencer nesa ocasión. Aínda que haxa erros externos, hai erros propios que os de Coudet deben resolver. O equipo está ben posicionado na táboa e agora veñen rivais directos que non se poden deixar escapar.

Fotografía: La Liga Santander