O Celta perde ante o Levante e xogará a permanencia na última xornada (2-3)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-3 Levante UD

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Kevin Vázquez, Murillo, Araújo, Lucas Olaza, Okay, Fran Beltrán, Rafinha, Brais Méndez, Santi Mina e Iago Aspas.

Aliñación Levante UD: Koke Vegas, Miramón, Vezo, Rober Pier, Clerc, Rochina, Campaña, Radoja, Bardhi, Borja Mayoral e Roger.

Goles: 0-1, min. 11 (Bardhi). 0-2, min. 28 (Bardhi). 1-2, min. 36 (Santi Mina). 2-2, min. 45 (Iago Aspas). 2-3, min. 52 (Mayoral).

Árbitro: Munuera Montero

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Era o partido clave, o que daría a permanencia. Pero non foi así, toca seguir sufrindo uns días máis. O Celta non conseguiu a vitoria ante un Levante que non se xogaba nada. Foron a remolque e, a pesar de empatar os dous goles dos visitantes, non foron capaces de remontar o 2-3 definitivo.

No inicio do partido eran os granotas os que levaban a intensidade e o ritmo. Subían ata a área celeste sen oposición. Así, no minuto 11 Bardhi anotou o 0-1. Despois marcarían o segundo por medio de Mayoral, pero o colexiado anulou o tanto por fóra de xogo. Aínda así, o 0-2 si que chegaría. Araújo caeu na frontal da área e Bardhi conseguiu anotar o segundo para os seus e na súa conta particular. Na recta final, Santi Mina puxo o 1-2 nun saque de esquina. A continuación, Aspas anotaba a portería baleira tras superar a Vegas.

Na segunda metade parecía que o encontro collería un ton máis celeste, pero non foi así. O que marcou foi Mayoral para o Levante. Despois os visitantes quedaron en inferioridade pola expulsión de Miramón nunha forte entrada contra Iago Aspas. Aínda así os celestes non conseguiron aproveitalo. No desconto Nolito anotaba o gol do empate, pero Munuera remataría anulándoo por fóra de xogo.

Coma nos últimos anos, a permanencia xogarase na derradeira xornada, contra o Espanyol, xa descendido. O Celta depende de si mesmo. Queda en primeira se gaña, fai o mesmo que o Leganés (cun punto menos, xogan contra o Real Madrid) e se o Celta empata ou perde o Leganés non pode gañar. De máis difíciles saiu este equipo. O celtismo está aí, a confianza a pesar das dificultades tamén.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander