O Celta lanza a nova de campaña de aboados con polémica

0

A situación que está pasando o país, e o mundo en xeral, é unha das peores dos últimos tempos. Bastantes persoas están sen traballo e non teñen outro remedio que recorrer a bancos de alimentos para sobrevivir. Aínda así, con todos estes elementos presentes, o RC Celta lanzou a súa campaña de aboados para a tempada actual.

Xa se rumoreaba dende unhas semanas atrás, pero ata agora non se coñeceron os detalles da nova campaña: as renovacións e as novas altas teñen o prezo único de 50 euros en todas as bancadas. 50 euros por, máis que probablemente, non poder acceder ao estadio. 50 euros por conservar o teu asento e e o teu número de aboado histórico.

Ante esta situación, a afección celeste non quedou calada e, case de forma unánime, amosou o seu descontento en redes sociais. Algúns, con moitos anos de celtismo ás súas costas, din que renovarán por sentimento. Outros, en cambio, non o farán, xa que consideran esta operación unha auténtica chantaxe por parte do club.

Outros clubs de primeira agasallarán o abono aos que foron a todos os partidos con público a pasada tempada (Cádiz) e a todos os que foron socios o pasado ano (Getafe, Valencia e Real Madrid).

Por tanto, había moitas máis formas de contentar ao celtismo nestes momentos difíciles. Xogar cos sentimentos é algo moi feo, ademais nestes momentos complicados. En que se está a converter o Celta? Non se sabe a ciencia certa, pero nun club saneado economicamente que leva tratando mal a súa afección durante varias tempadas e agora, vén de confirmarse. Pero o celtismo sempre será máis ca iso.