FICHA TÉCNICA

UD Llanera 0-5 RC Celta

Aliñación UD Llanera: Raúl Paulino, Guiller (Berto, min. 46), Pablo Pantiga, Enol Ruiz, Marcos Arango, Felix Quero (Mundaka, min. 32), Adrián Rodríguez, Jorge, Matías Fernández (Hakura, min. 80), Luis Enrique (Santi, min. 74) e Daniel González.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Sergio Carreira, Aidoo, Murillo, José Fontán, Okay, Fran Beltrán (Renato Tapia, min. 72), Denis Suárez (Nolito, min. 46), Brais Méndez (Hugo Mallo, min. 70), Emre Mor (Iago Aspas, min. 62) e Lautaro (Miguel Baeza, min. 62).

Goles: 0-1, min. 40 (Lautaro de León). 0-2, min. 54 (Nolito). 0-3, min. 59 (Emre Mor). 0-4, min. 75 (Nolito). 0-5, min. 82 (Hugo Mallo).

Árbitro: Soto Grado

Campo: Estadio Carlos Tartiere

ANÁLISE

O Celta solventou o primeiro encontro da Copa do Rei sen complicarse a vida ante a UD Llanera. No primeiro tempo marcou Lautaro e no segundo chegaron os goles da sentencia de Nolito (doblete), Emre Mor e Hugo Mallo.

No primeiro tempo os celestes estaban a dominar o encontro cunha alta posesión do balón. Con todo, non había oportunidades tan claras de gol. Brais Méndez e Emre Mor gozaron dalgunhas ocasións, e Sergio Carreira orixinou varias delas pola súa banda dereita. Ata que nos minutos finais, Denis Suárez pasou a Carreira e este a Lauti para anotar o 0-1.

No segundo tempo entraron ó terreo de xogo máis titulares da Liga e chegaron máis goles. No 54 anotou o segundo Nolito (asistido por Mor) e cinco minutos despois foi o turco o que marcaba o terceiro nun gran tiro cruzado. A continuación, Coudet deu entrada a Iago Aspas, e este asistiu a Nolito para o cuarto (o segundo na súa conta particular). Por último, Hugo Mallo puxo o 0-5 con outra asistencia do moañés.

Hoxe celebrarase o sorteo para coñecer ó seguinte rival do Celta na Copa do Rei. De volta na Liga, o domingo visita Balaídos o Alavés, será outra ocasión para seguir a boa xeira dos últimos tempos.

Fotografía: LOF