O Celta golea ó Cádiz e suma a terceira vitoria seguida (4-0)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 4-0 Cádiz CF

Aliñación RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Lucas Olaza, Tapia (Okay, min. 67), Brais Méndez (Fontán, min. 76), Denis Suárez (Baeza, min. 67), Nolito (Lauti, min. 76), Iago Aspas e Santi Mina (Fran Beltrán, min. 33).

Aliñación Cádiz CF: Ledesma, Iza, Fali, Mauro, Espino (Jairo, min. 46), Jonsson (Garrido, min. 69), Alex, Iván Alejo (Pombo, min. 46), Perea, Álvaro Giménez (Malbasic, min. 69) e Negredo (Lozano, min. 69).

Goles: 1-0, min. 6 (Nolito). 2-0, min. 31 (Iago Aspas p.). 3-0, min. 43 (Fran Beltrán). 4-0, min. 45 (Brais Méndez).

Árbitro: Cuadra Fernández

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta de Coudet colleu carreira e non hai quen o pare. Ante o Cádiz, que viña dunha boa xeira ante equipos grandes, conseguiu a terceira vitoria consecutiva. Os catro goles do triunfo foron no primeiro tempo, da man de NolitoIago AspasFran Beltrán e Brais Méndez. O segundo tempo foi un trámite, no que os celestes aínda puideron aumentar máis a vantaxe.

Aos cinco minutos de comezar o encontro, o Celta xa estaba por diante no marcador. Aspas e Nolito armaron unha gran xogada que culminou o gaditano mediante un tiro cruzado. A continuación, o Cádiz non se rendeu e tivo ocasións destacadas de Iván Alejo Negredo. Con todo, a efectividade estaba do lado celeste, e nun derribo de Ledesma a Santi Mina na área, o colexiado sinalou penalti. Este foi transformado por Iago Aspas. Pero esa xogada traería como consecuencia a lesión de Mina no ombreiro, polo que entrou ó campo Beltrán. O encontro seguía co intercambio de golpes, pero só se movía o marcador do Celta. O recén entrado Beltrán foi o que anotou o terceiro gol cun lanzamento dende a frontal. Pouco tempo despois viu outro gol, esta vez de Brais Méndez de cabeza.

Na segunda metade o Celta estivo máis relaxado, sabedor de que moi mal o tiña que facer para perder o partido. Aínda así, Iago AspasLucas Olaza e Miguel Baeza anotaron sendos goles que foron anulados por Cuadra Fernández. Por tanto o resultado podería ter sido máis abultado.

Había tres anos, en xaneiro de 2018 con Unzué, que o Celta non gañaba tres partidos seguidos. Este Celta de Coudet colócase noveno na táboa, con dezaseis puntos (a un do FC Barcelona). O xoves toca enfrontarse ao Llanera na Copa do Rei. Agardamos ver qué Celta se presenta e se continúa esta boa xeira.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander