O Celta empata ante o Sporting de Gijón no último partido de pretempada (1-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 1 -1 Sporting de Gijón

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, José Fontán, David Juncá, Tapia, Baeza, Brais Méndez, Nolito, Denis Suárez e Iago Aspas.

Aliñación Sporting de Gijón: Mariño, Bogdan, Borja López, Babin, Gaspar, Gragera, Manu García, Djuka, Pedro Díaz, Pablo García e Álvaro Vázquez.

Goles: 0-1, min. 1 (Álvaro Vázquez). 1-1, min. 18 (Iago Aspas).

Árbitro: Comité Galego

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta empatou o seu derradeiro encontro de pretempada ante o Sporting de Gijón. Na primeira metade adiantáronse os asturianos no primeiro minuto de xogo. Despois, foi Aspas o que puxo o empate no marcador. No segundo tempo os vigueses dominaron máis, pero ningún dos equipos conseguiu decantar a balanza.

Nada máis comezar o primeiro tempo, no minuto 1, Álvaro Vázquez puxo o 1-0 para o Sporting nun erro da defensa celeste. A continuación, seguiron os erros defensivos do Celta. Erros de Aidoo deron varias ocasións de gol ao visitantes. Antes do tanto de Aspas, Miguel Baeza estivo a piques de marcar nunha boa xogada individual. O empate do moañés chegou nunha xogada na que os sportinguistas quedaron parados, pensando que o colexiado pitaría falta de Hugo Mallo. Pero non foi así e Aspas entrou por medio deles e conseguiu o 1-1. Despois o Celta seguiu tendo erros atrás e o Sporting chegaba con moita facilidade á area celeste. Antes do remate, Brais estivo a piques de marcar, salvou a defensa asturiana baixo paus.

No descanso entraron Néstor Araujo, Emre Mor e Santi Mina por José Fontán, Miguel Baeza e Nolito. A segunda metade comezou cun gran lanzamento de falta directa de Denis Suárez, salvou Mariño sobre o traveseiro. O de Salceda estivo moi activo na súa volta despois da lesión. No minuto 60, Lucas Olaza entrou ao terreo de xogo por David Juncà. No segundo tempo viuse a un Celta máis dominador e sen tantos erros defensivos. No 71 entrou Gabri Veiga por Brais Méndez, tras un golpe nas costelas. O Sporting tamén tivo algunha ocasión de falta de Djuka que Iván Villar consegiu deter. No minuto 79 entraron Miguel Rodriguez, Vadillo Kevin por Iago Aspas, Denis Suárez e Hugo Mallo. O partido tivo menos ritmo nos derradeiros minutos e houbo menos oportunidades. No 89, Tapia tivo unha boa ocasión de poñer o 2-1, pero o seu lanzamento saiu desviado. Miguel Rodríguez tamén puido marcar no 91, pero o seu tiro foi frouxo.

Finalmente, o Celta remata a pretempada cun balance positivo, pero non definitivo: 2 empates (Oviedo e Sporting) e 1 vitoria (Lugo). A vindeira semana ante o Éibar verase o equipo que máis convence a Óscar no inicio ligueiro, aínda que faltan fichaxes. Débense correxir algúns erros e manter as boas sensacións para iniciar con bo pé a Liga 20/21 en Primeira División.

Imagen

Fotografía: RC Celta