O Celta empata ante o Levante noutro partido sen acerto (1-1)

0

FICHA TÉCNICA

Levante UD 1-1 RC Celta

Aliñación Levante UD: Aitor, Toño, Duarte, Miramón, Postigo, Malsa,Melero, Rochina, Campaña, Morales e Roger.

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Sergio Carreira, Murillo, Araújo, José Fontán, Lucas Olaza, Tapia, Denis Suárez, Santi Mina, Nolito e Iago Aspas.

Goles: 1-0, min. 48 (Roger). 1-1, min. 52 (Sergio Carreira).

Árbitro: Melero López

Campo: Estadio La Cerámica

ANÁLISE

O Celta conseguiu un empate ante o Levante despois ir a cabalo durante o choque. Primeiro marcaron os de Paco López de penalti por medio de Roger, e cinco minutos despois Sergio Carreira anotou a resposta celeste.

No inicio do encontro o Levante levou o peso do partido e o Celta non permanecía moito tempo coa posesión do balón. Iago Aspas tivo unha boa ocasión, pero o esférico saiu desviado pola parte alta da portería. Por parte do Levante, Campaña tivo un disparo cruzado que tamén saiu desviado. O mesmo Campaña, un dos máis activos na primeira metade, combinou con Morales en varias ocasións presionando a porta de Iván Villar.

Nada máis iniciar o segundo tempo, Nolito cometeu un penalti que foi convertido por Roger. Pero os de Óscar García foron capaces de erguerse e cinco minutos despois Sergio Carreira puxo o empate. Tras debutar en Liga no anterior encontro, seguiu a súa boa xeira co seu primeiro gol na máxima categoría. Despois Morales plantouse ante Iván Villar nunha acción perigosa, pero o meta celeste conseguiu parar co corpo. Os dous conxuntos movíanse dunha área a outra conscientes da importancia do encontro. Denis realizou un lanzamento a balón parado que rematou Murillo, pero foi despexado pola defensa levantina. Mentres, De Frutos estivo a piques de marcar nunha combinación con Miramón que despexou Gabri Veiga. No desconto Dani Gómez anotou para o Levante, pero acto seguido o tanto foi anulado polo colexiado e ratificado trala observación no VAR.

Por momentos o equipo celeste amosou un bo xogo, pero non houbo continuidade. O Levante xeraba ocasións de perigo e non conseguiu a vitoria polo criterio do colexiado na anulación do tanto no desconto. Con este empate, o Celta colócase con 6 puntos e fóra do descenso. O vindeiro encontro para os vigueses será o domingo ante a Real Sociedade, un rival que se atopa nada máis e nada menos que de líder. Moito traballo e afouteza debe poñer o Celta esta semana para conseguir a vitoria en Balaídos.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander