O Celta empata ante o Elche nun dos mellores partidos da tempada (1-1)

0

FICHA TÉCNICA

Elche CF 1-1 RC Celta

Aliñación Elche CF: Edgar Badía, Barragán, Gonzalo Verdú, Diego González (Josema, min. 60), Josan, Marcone, Mfulu (Raúl Guti, min. 60), Fidel (Sánchez Miño, min. 38), Tete Morente, Pere Milla (Rigoni, min. 60), (Nino, min. 76) e Lucas Boyé.

Aliñación RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, Lucas Olaza, Renato Tapia (Fran Beltrán, min. 65), Brais Méndez (Gabri Veiga, min. 83), Denis Suárez, Santi Mina (Miguel Rodríguez, min. 76), Nolito e Iago Aspas.

Goles: 0-1, min. 3 (Fidel) 1-1, min. 41 (Santi Mina)

Árbitro: De Burgos Bengoetxea

Campo: Estadio Martínez Valero

ANÁLISE

A pesar de ser un dos mellores, se non o mellor partido do Celta nesta tempada, volven de Elxe con tan só un punto. Pero o encontro non comezou ben porque no minuto 3 o colexiado sinalou un penalti polémico de Hugo Mallo. Polo que os celestes tiveron que loitar ata que Santi Mina empatou, e no segundo tempo seguiron gozando de ocasións destacadas.

A noite iniciou da peor forma posible, cun dos árbitros máis controvertidos para o Celta nos últimos tempos sinalando penati cando só se levaban 3 minutos de xogo. A defensa celeste saltou para despexar un balón que caeu sobre a man de Hugo Mallo sen que este puidera facer nada, xa que estaba de costas a el. Máis tarde, a piques houbo outro penalti, esta vez de Murillo. Por parte do equipo ilicitano, o ex celeste Lucas Boyé tivo unha ocasión para ampliar a ventaxa. Brais Méndez puido marcar en varias ocasións, pero Edar Badía e a fortuna non o quixeron. Pero si conseguiu igualar Santi Mina, que anotou a pase de Aspas no 41.

No segundo tempo o Celta estivo máis cómodo e xerou numerosas ocasións de perigo na área rival. Iago Aspas gozou de tres boas oportunidades, nunha cun tiro cruzado, noutra o balón saíu adiantado e na última disparou ao lateral da rede cando o meta do Elxe xa non podía deter o balón. Ademais, noutra ocasión Santi Mina disparou demasiado cruzado e Mallo tampouco tivo sorte nun lanzamento directo. Outros momentos polémicos do encontro produxéronse cando De Burgos Bengoetxea non consultou no VAR un posible penalti a Brais Méndez e tampouco amosou tarxeta a Boyé nun cobadazo a Brais que acabou sangrando. A pesar de todo o bo xogo, o partido puido rematar moi mal se Morente conseguira anotar nun disparo cruzado ao que Rubén xa non chegaba. Cos cambios nos últimos compases, o Celta xa non foi capaza de xerar máis ocasións.

Con este punto o Celta mantense fóra do descenso, pero queda a espiña cravada de non conseguir a vitoria nun bo partido. Agora chega o parón de seleccións con moitas incertezas. Non está asegurada a continuidade de Óscar García, pero pode que a directiva que concede outra oportunidade á vista deste resultado. Se os celestes seguen así, mellorarase pouco a pouco. Á volta do parón, vén o Sevilla, actualmente empatado a puntos.

highlight_image

Fotografía: La Liga Santander