O Celta desaproveita ante o Betis unha boa ocasión para resolver a permanencia (1-1)

0

FICHA TÉCNICA

RC Celta 1-1 Real Betis

Aliñación RC Celta: Rubén, Kevin, Murillo, Néstor Araujo, Lucas Olaza, Okay, Fran Beltrán, Rafinha, Nolito, Iago Aspas e Smolov.

Aliñación Real Betis: Joel, Emerson, Mandi, Feddal, Álex Moreno, Guido Rodríguez, Guardado, Aleñá, Canales, Juanmi e Loren.

Goles: 1-0, min. 20 (Nolito). 1-1. min. 79 (Feddal)

Árbitro: González Fuertes

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

Despois do gol tempraneiro de Nolito parecía que o partido estaba resolto, pero no segundo tempo saiu unha mellor cara do Betis, que empatou por medio de Feddal. Era unha oportunidade de ouro para finiquitar a permanencia aproveitando a derrota do Mallorca. Hai que seguir loitando un pouco máis.

No primeiro tempo os celestes non estaban xogando de todo ben, pero chegou unha gran ocasión aos 20 minutos para poñerse por diante. Nolito xa comezara o encontro con moita intensidade (xunto con Rafinha). Nun saque de falta observou a mala colocación da barreira bética e lanzou por un lateral para sorprender a Joel. Nos seguintes minutos o Betis intentou coller peso no partido, pero non dispuxo de ocasións destacadas.

Na segunda metade os andaluces sí que colleron o balón e chegaron os dous momentos importantes. Primeiro González Fuertes sinalou un penalti de Rafinha sobre Guardado, pero acudiu á pantalla do VAR a comprobalo e cambiou de opinión. Despois, o Celta non quedaría tranquilo, xa que no 79 Feddal (sen oposición na área) conseguiu bater a Rubén. O colexiado tamén estivo a piques de anular o tanto por un posible fóra de xogo no inicio da xogada, pero subiu ao marcador. Nos instantes finais o Celta non fixo máis, os cambios de Gabriel Fernández por Fran Beltrán, de Bradaric por Nolito e de Santi Mina por Iago Aspas non aportaron nada ao ataque. Antes entraran ao campo Brais Méndez por Smolov e Hugo Mallo por Kevin. Finalmente os celestes quedáronse sen lanzar a porta na segunda parte.

O encontro non remata con boas sensacións para o Celta, que contaba con resolver xa a permanencia. O martes reciben a un rival poderoso como o Atlético de Madrid. É importante sacar algo dese encontro para seguir na loita. Agora o descenso está a 6 puntos, aínda queda un pouco. A afouteza segue resistindo.

Fotografía: La Liga Santander