O Celta deixa escapar a vitoria no segundo tempo | Sevilla 2-2 Celta

0

FICHA TÉCNICA

Sevilla FC 2-2 RC Celta

Aliñación Sevilla FC: Dmitrovic, Montiel, Rekik, Diego Carlos, Acuña, Fernando, Jordán, Rakitic, Ocampos, Tecatito e Rafa Mir.

Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi, Iago Aspas e Santi Mina.

Goles: 0-1, min. 37 (Franco Cervi). 0-2, min. 40 (Iago Aspas). 1-2, min. 71 (Papu Gómez). 2-2, min. 74 (Oliver Torres).

Árbitro: Sánchez Martínez

Campo: Estadio Sánchez Pizjuán

Asistencia: 30.059 espectadores

ANÁLISE

Partido de cal e area para o Celta na tarde hispalense. Na primeira metade os celestes foron claramente dominadores con goles de Cervi e Aspas. Con todo, no segundo tempo Papu Gómez e Oliver Torres foron quen de empatar para deixar o empate a dous final.

Nos primeiros intres do partido, o Sevilla tiña a posesión do balón e tentaba facerse co control do partido. Tecatito foi un dos xogadores sevillistas máis ofensivos. Porén, os locais non dispuxeron de ocasións claras e foi o Celta o que conseguiu marcar. Primeiro, no minuto 37, Franco Cervi abriu a lata collendo a bóla tras un rexeite de Dmitrovic. Tres minutos despois chegou o tanto de Iago Aspas, asistido por Brais Méndez.

highlight_image
Fotografía: LaLiga Santander

Con todo, a segunda metade foi o contrario á primeira. Aidoo marchou mancado do terreo de xogo e producíronse os primeiros cambios do Celta. Retiráronse Denis Suárez, Cervi e Aidoo e entraron Nolito, Tapia e Murillo. A partir de aí os celestes caeron en picado. No 71, Papu Gómez anotou un gran gol para o Sevilla e no 74 Oliver Torres empatou. Nos minutos finais, as sensacións eran que o Sevilla podía remontar, no canto dos vigueses. Pero por fortuna mantívose o 2-2.

Non é un mal resultado no campo do segundo clasificado, porén non vai quitar o regusto amargo de dous puntos que escaparon. Agora o equipo ten por diante un parón ata o próximo encontro ante o Raio Vallecano. Importante tamén este descanso para recuperar a Aidoo da lesión e manter a mellor versión do Celta.