FICHA TÉCNICA

RC Celta 2-1 CA Osasuna

Aliñación RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Murillo, Aidoo, José Fontán, Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.

Aliñación CA Osasuna: Herrera, Cruz, Unai García, Oier, Brasanac, Barja, Roncaglia, Rubén García, Ramalho, Budimir e Moncayola.

Goles: 1-0, min. 42 (Iago Aspas). 2-0, min. 64 (Jeison Murillo). 2-1, min. 77 (Roberto Torres).

Árbitro: César Soto Grado

Campo: Estadio Municipal de Balaídos

ANÁLISE

O Celta conseguiu unha vitoria moi necesaria, máis no aspecto anímico que no clasificatorio, xa que a permanencia está practicamente conseguida. Pouco antes do descanso Iago Aspas puxo o primeiro gol da tarde. No segundo tempo, Jeison Murillo ampliou ventaxa, pero nun penalti fantasma do VAR Roberto Torres recurtou distancias. Con todo, a vitoria seguiu a quedar en Vigo.

O encontro comezou algo accidentado coa retirada do terreo de xogo de Hugo Mallo por lesión, entrou Kevin no seu lugar. A continuación, o propio lateral nigranés tivo unha ocasión importante para abrir o marcador. Máis adiante, Santi Mina, tras unha asistencia de Renato Tapia, estivo a piques de marcar se non fora porque o balón petou no pau. Os celestes sufrían nos veloces contragolpes do Osasuna. Aínda así, pouco antes de finalizar o primeiro período, Aspas plantouse na área rival, enganou a Roncaglia e marcou de tiro cruzado.

Na segunda metade, o VAR anulou un gol de Nolito, de novo con polémica polo trazado das liñas de fóra de xogo. Ademais, o Osasuna tivo ocasión de empatar por medio de Budimir. Pero nun saque de córner, como xa fixo noutras ocasións, Jeison Murillo saltou máis que o resto para anotar o 2-0 de cabeza. Cando o partido xa estaba bastante encamiñado, dende o VAR dicidiron sinalar un penalti que no campo ninguén protestara. Este traeu consigo unha tarxeta amarela a Aspas. Marcou Roberto Torres e os visitantes comezaron a apretar. Con todo o Celta soubo aguantar ata o final a pesar dos múltilples atrancos arbitrais.

Con esta valiosa vitoria o Celta colócase de noveno na táboa con 41 puntos, superando ao propio Osasuna. Pouco queda para finiquitar a permanencia de forma matemática. Os de Coudet terán outra oportunidade de facelo o vindeiro venres ante o Levante de novo en Balaídos.

highlight_image

Fotografía: LaLiga Santander