Abel Caballero e Carlos Mouriño volven ao seu enfrontamento. Despois de que o pasado 27 de febreiro o Concello de Vigo aprobara a reforma da grada de Marcador, agora o RC Celta responde cun duro comunicado calificando esta reforma de “chapuza“. Comparan o proxecto da grada de Balaídos coa doutros estadios españois como Anoeta ou El Sadar e reclaman un estadio digno para a afección e o propio club.

Ao longo de todo o escrito publicado polo conxunto olívico, recompílanse os principais elementos que o Celta considera nefastos na reforma de Marcador: a grada non protexerá da choiva aos afeccionados; algúns espectadores da grada de Río Baixo terán enfrente Marcador, polo que deberán xirarse para ver o partido; a estética do graderío non é a máis adecuada; as gradas serán diferentes e asimétricas entre si; entre outros aspectos.Fotografía: sportsevents365.es

Ademais, exprésase o descontento polo continuo retraso da data de finalización da obra, xa que en 2015 colocábase a primeria pedra da reforma do municipal vigués, que debería estar rematado en 2017, pero nada máis lonxe da realidade. Actualmente só se reformaron as gradas de Tribuna e Río, a primeira delas foi reformada polo club e aproximouse catro metros máis ao terreo de xogo (este último punto tamén solicita ao club que se realice en Marcador).

Por outra banda, o Celta destaca o custo de toda esta obra, xa que a cantidade total descoñécese ao non estar rematada a reforma integral do estadio. Este proxecto de Marcador aprobado polo Concello ten un presuposto de licitación de 16’6 millóns de euros, ao que Caballero matizou que a Xunta de Galicia “non porá nin un euro”.

A este contundente comunicado, Abel Caballero respondeu nos micrófonos de Tele Vigo que Carlos Mouriño está facendo campaña a favor do Partido Popular, xa que pretende levar o estadio ao Concello de Mos, comandado por Nidia Arévalo (PP).

Pero claro, no medio deste conflicto están os afeccionados do Celta, que teñen que sufrir desplantes e retrasos das obras continuamente. Moitos deles están pagando por localidades que presentan numerosos desperfectos. Por exemplo, os asentos de Río Baixo, que están colocados con pouco espazo de separación para sentarse, ou a grada de Tribuna Baixa, onde cada vez que chove os afeccionados teñen que mollarse. Por tanto, eles son os máis perxudicados, e só desexan que a totalidade das obras remate o antes posible.