FICHA TÉCNICA
RC Celta 0-2 Real Sociedad
Aliñación RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.
Aliñación Real Sociedad: Ryan, Zaldua, Zubimendi, Aritz, Portu, Merino, Januzaj, Aihen, Isak, Silva e Le Normand.
Goles: 0-1, min. 55 (Isak). 0-2, min. 84 (Elustondo).
Árbitro: Melero López
Asistencia: 8.726 espectadores
Campo: Estadio Municipal de Balaídos
ANÁLISE
A forza estaba toda posta en gañar este partido e consolidar a vitoria acadada ante o Xetafe. Pero nin as ocasións nin as palabras dan puntos no fútbol, e o Celta colleito unha nova derrota na casa. A pesar dos numeros intentos de bater a Ryan, os de Coudet perderon ante a Real cos goles de Isak e Elustondo.
No primeiro tempo os celestes entraron ao partido coa firme intención de conseguir vencer ao líder. Nolito e Denis Suárez gozaron de boas ocasións antes de chegar aos cinco minutos de xogo. Pola súa banda, a Real Sociedade xerou perigo con dúas oportunidades de Isak. Antes de que esmorecera este período, Denis e Santi Mina tiveron ocasión de marcar pero salvou Ryan. Durante a primeira parte do choque o Celta controlou o balón e levou o partido polo seu terreo.
No segundo tempo os vigueses volveron saír con enerxía. Brais Méndez tivo unha nova ocasión nada máis comezar. Con todo, a sorte parecía non estar do bando local nesta tarde de xoves. No 55, Isak puxo o 0-1 para a Real Sociedade nun contragolpe. Nun primeiro momento foi anulado polo colexiado, pero o VAR sinalou que era válido. Pero o Celta non desfaleceu e tentou empatar da man de Aspas e Mina noutra boa oportunidade que salvou o gardameta visitante. Incluso Brais Méndez chegou a anotar, pero o tanto non subiu ao marcador ao estar en fóra de xogo. No minuto 84 a Real sentenciou o partido cun gol de Elustondo.
“Con este nivel futbolístico gañaremos moitos partidos”, declarou Eduardo Coudet na rolda de prensa. Polo visto neste e noutros encontros do que levamos de liga, é difícil de crer que o Celta non consiga máis puntos polas ocasións e o xogo que amosa. Pero así é o fútbol e a vida. Non sempre vence o que máis o merece.
Fotografía: LaLiga Santander