O CD Seixalbo e a UD Ourense presentan o I Torneo de Nadal Solidario

0

 

As choivas torrenciais arrasaron os campamentos de refuxiados saharauis na hamada arxelina, un lugar inhóspito do deserto do Sáhara onde a alimentación depende da axuda humanitaria e donde nin a la luz eléctrica nin a agua corrente existen. Os campamentos dan cobixo a más de 160 mil personas que viven forzosamente no exilio dende fai 40 anos. As choivas torrenciais provocaron fortes inundacions e numerosos danos materiales, especialmente nas wilayas -distritos- de Auserd e Dajla. As tormentas destruiron as precarias infraestructuras dos campamentos que sirven de fogar para tres xeneracions de refuxiados. Tamén provocaron danos nos dispensarios e hospitales. Moitas familias perderon as suas casas, mantas e a alimentación derramouse, o que provocou que familias que xa se atopaban nunha situación vulnerable, agora están peor.

 

O Club Deportivo Seixalbo e a Unión Deportiva Ourense, froito do recente convenio asinado de colaboración poñen en valor unha estratexia deportiva integradora e normalizadora que se constrúe a través da linguaxe planetaria do fútbol.

 

torneo solidarioNo Café Cultural Auriense, realizouse apresentación do TORNEO DE NADAL amigable que enfrentará os dous equipos de fútbol modesto de maior masa social; 600 socios do CD Seixalbo e os 1200 da Unión Deportiva Ourense. O torneo ten como equipo convidado a unha selección de senegaleses afincados en Galicia.

O torneo ten unha modalidade de 3X1, no que participarán o CD Seixalbo, a UD Ourense e unha formación de senegaleses residentes en Galicia. Será o vindeiro mércores 23 de decembro víspera de noite boa as 20:00h no campo de fútbol Miguel Ángel do Pavillón Municipal dos Remedios (rúa Pardo de Cela nº2). A taquilla única será de 2€, haberá fila cero e o recaudado será íntegramente donada para a reconstrución dos campamentos saharahuis.

Interviron no acto de presentación o responsable do Frente Polisario do Sáhara en Galicia Habibulah Mohamed, o presidente de la asociación AISO (Asociación de Senegaleses de Ourense) Bassirou Sene Sene, a tesoureira do CD Seixalbo Gloria Viana e o presidente da UD Ourense Modesto García, Maite Isla, presidenta da asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharahui). 

A presentación tivo intervencións musicais dos músicos Ico Rafael de O Sonoro Maxín e Armando Ojea e contou ca asistencia de numerosos siareiros dos equipos organizadores.