O CASTRO CONSEGUE O TRIUNFO SOBRE A BOCINA ANTE UN COMBATIVO SOFÁN

0
Un gol de Diego Núñez no minuto 92 deulle os tres puntos ó cadro chairego

Ficha Técnica
CD CASTRO: Yebra, Fernando (77′ Alberto Rey), Dumi (46′ Igor), Ruchi, Pedro Díaz, Diego Núñez, Iván González, Hugo Buide (53′ Javi Fraga), Omar, Edrosa (58′ Alvaro) e Javicho.´

SD SOFÁN: Javi Rumbo, Sito (81′ Jacobo Eibe), Pablo Domínguez, Rubén, Quintela, Iván Rey, Juan Lado (70′ Iván Rojo), Luis, Canedo, Jonathan (73′ Seoane) e Fabián (84′ Matías Navarrete).

GOLES: (0-1) 19′ Juan Lado. (1-1) 28′ Hugo Buide. (1-2) 30′ Fernando (p.p), (2-2) 73′ Igor. (3-2) 92′ Diego Núñez

ÁRBITRO: Adrián Estévez Blanco, asistido por José Daniel Rodicio González e Iago Casas Blanco. Amonestou ós locales Diego Núñez, Javicho e Igor e ós visitantes Iván Rojo,Pablo Domíngue e Jacobo Eibe.

INCIDENCIAS: Partido disputado no campo Arturo Pereiro de Castro Riberas de Lea. 200 espectadores

Primeira parte con dominio alterno. Ambos equipos tiñan intención de dominalo partido, pero ningún consiguiu levar claramente a iniciativa. Pero foi o Sofan o que mostrou un maior control do encontro e una intensidad superior ó seu rival.

O Castro amosouse moi impreciso, errando en pases sinxelos, o que propiciou contras do Sofán. De todas formas, foi o Castro o que tivo a primeira ocasión clara. Iván González recuperou o  balón en tres cuartos de campo y colocou un centro preciso que Javicho rematou alto por moi pouco.

No minuto 16 púxose por diante o cadro de Carballo. Gran xogada por banda de Luis deixando atrás a dous rivais e o seu centro a área foi rematado de forma inapelable por Juan Lado.

O Castro buscou a reacción, a atopouna tras un córner que a defensa do Sofán despexou de forma defectuosa. O rexeite recolleuno Hugo Buide que rematou batindo a Javi Rumbo e estableciendo o empate. Tan só dous minutos despois, á saída dun córner, Fernando ó intentar despexar o balón, introdúceo na súa portería sorpredendo a Yebra. Na seguinte xogada, aínda co Castro descentrado, Juan Lado puido ampliar a diferencia, pero o seu remate marchou desviado por moi pouco.

A segunda metade seguiu o mesmo cauce que a primeira. Un Castro voluntarioso pero demasiado impreciso, mentras que o Sofán aguantaba sen demasiados apuros co marcador a favor, e chegando con perigo, como nunha gran xogada de Luis que Quintela rematou fóra por escasos centímetros.

Non foi ata o último cuarto de hora cando o Castro comezou a levar perigo á meta defendida por Javi Rumbo. Á saída dun córner chegou o empate por medio de Igor, que rematou no segundo pao libre de marca. A partir dese momento, os locales embotellaron ós pupiles de Iván Cancela, e Omar en dúas ocasións a piques estivo de darlle a volta ó marcador. Pero non foi ata o desconto, cando Diego Núñez, tras varios rexeites da defensa, con un tiro raso desde a frontal estableceu o definitivo 3-2.

Chegou así a primeira victoria da temporada para un CD Castro moi renovado logo do descenso a Preferente a pasada temporada. O Sofán, que fixo un bo partido no Arturo Pereiro, pero marcha de vacío, queda con seis puntos na zona media da táboa.