O Carnes do Ribeiro buscará o ascenso a Primeira Nacional dende este viernes

0

 

O Pavillón Municipal de Ribadavia acollerá do día 12 ao 14 de maio a Fase de Ascenso a 1ª División Nacional masculina de Balonmán. A presentación da competición tivo lugar no Pazo dos Deportes «Paco Paz», acto no que participou o deputado provincial, Manuel Doval; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez; o presidente da ADC Ribeiro, José Luis Sánchez; o alcalde de Ribadavia, Jose Ignacio Gómez; o xogador do equipo, Rodrigo Touza; e o adestrador do equipo, David Vázquez.

 

O deputado provincial dixo que o ascenso do equipo Carnes do Ribeiro a Primeira División Nacional suporía «levar o nome do Ribeiro por todo o territorio nacional a través do deporte».

 

A competición comezará o venres, 12 de maio, ás 18.00 horas, co partido entre o equipo Claret e o Bm.Alcobendas e, ás 20.00 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra Bm. Rocasa. Ao día seguinte, 13 de maio, o primeiro partido da xornada comezará ás 18.00, protagonizado por Carnes do Ribeiro e Claret e, continuará ás 20.00 horas, o partido entre o Bm. Rocasa e Bm. Alcobendas. O domingo, 14 de maio, a xornada de competición dará comezo ás 10.30 horas, co partido que disputarán os equipos Claret e Bm. Rocasa e, por último, ás 12.30 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra o Bm. Alcobendas.

 

O custo das entradas diarias será de 5 euros para ver os dous encontros de cada xornada ou de 12 euros dun bono para ver os seis partidos mentres que, para os socios dos clubs participantes, o acceso será gratuíto.