Pontevedra acollerá na Illa das Esculturas o Campionato de España de Ciclocross 2019, segundo aprobou a Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclsimo na súa última reunión. Esta cita celebrarase os días 11,12 e 13 de xaneiro e reunirá a máis de 800 deportistas.

A designación da cidade do Lerez como sede deste evento foi posible grazas ao apoio do Concello de Pontevedra, en especial do seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lorez; da súa concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; e de todo o equipo do instituto municipal de deportes.

Os detalles técnicos (programa, circuíto…) serán publicados proximamente. Foto do podio do último Campionato de España con Iván Feijoo como gañador junior

Comentarios