JOVAN VUKASINOVIC (Marzo 1996 – Pozega, SERBIA) @Jovas12

Terceira tempada para o PIVOT Serbio no Basket Xiria (quinta na Liga EBA), que parece comeza a asentarse sen Carballo, logo de tres anos coma xogador e adestrador das categorías base da Escola Basket Xiria.

Jovan é un xogador de 24 anos e 2,06 metros de altura, que ten experiencia no baloncesto español, xa que esta será a sétima tempada que está no noso pais, onde chegou en categoría júnior para xogar en Cáceres.

Xogador con bos movementos de costas a canastra, e bo pasador, dende a Dirección Técnica, espérase que poida dominar o rebote defensivo e atraer dobres defensas no ataque. A súa mellora física, necesaria para poder defender a pivots mais rápidos, marcará a importancia que este xo ven xogador terá no plantilla do Calvo Basket Xiria

http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=818245&c=2014551&med=0

 

page1image2288045792

 

ASIER COMENDEIRO RODRIGUEZ (Xaneiro 1996)

Formado no Club Liceo La Paz, como sénior, chegou ao filial de Basquet Coruña para xogar en Nacional, onde conseguiu o ascenso a Liga EBA. Nesta categoría xogou dúas tempadas: unha en Basquet Coruña e outra en Narón. Esta será a súa segunda tempada no CALVO Basket Xiria.

Xogador de 26 anos e cunha altura de 196cm, con 4 tempadas de experiencia previa na Liga EBA, 76 partidos e mais de 1400 minutos xogados. Desenvólvese na posición de aleiro aínda que é un todoterreo que, debido ao seu carácter competitivo e polivalencia, acaba achegando intanxibles que suman ao equipo en ambos os lados do campo e que os adestradores agradecen.

PRENSA Escola Basket Xiria