Foto: Calasancias Coruña

Nota de prensa de la Federación Gallega de Voleibol

  • Hoxe disputouse en Quiroga (Lugo) o Campionato Galego Cadete Feminino, que proclamou na tarde dominical ao Calasancias Coruña como campión autonómico tras vencer ás anfitrionas do CV Ribeira Sacra por 3 sets a 0. O bronce foi para o Emevé, despois de superar en tres parciais moi claros ao CV Zalaeta.

A primeira semifinal arrincaba no pavillón de Quiroga ás 10.00 horas. Agardábase emocionante e non defraudou. Tras un inicio igualado o CV Ribeira Sacra aproveitou a súa superioridade polo medio para marchar cun 6-2, que recurtaba o Zalaetaapertando en saque 6 a 5.

O bó xogo despregado por ambos equipos deixaba momentos de boas rachas para unhas e outras, e así o 12-8 anotado polas anfitrionas foi recurtado polas coruñesas ata o 14-13. Pero cun novo empurrón das monfortinas chegábase ao primeiro tempo morto cun 18-13, que xa sería insalvable para o Zaleta, xa que tras o tempo morto, o Ribeira Sacra ponía a directa cara a vitoria 25 a 16.

No segundo reaccionaba o Zalaeta e desestabilizaba co saque o xogo das monfortinas, chegando ao primeiro tempo 7 a 3. O xogo máis táctico do Zalaeta, púxoas cun 17 a 9 no segundo parón do parcial e tan só tiveron que seguir despregando o seu xogo, sólido, regular e sen erros, para empatar o partido 25-18.

O CV Ribeira Sacra non se deixou ir e apoiouse na quiroguesa Carolina Camino para volver a poñerse por diante 8 a 5 na primeira parte do terceiro xogo. As locais seguiron incrementando a distancia ante un Zalaeta en horas baixas, e entraban na segunda metade do set con cinco puntos de vontaxe (11-6/15-10), unha distancia que manterían ata a recta final (20-15) para finalmente pechar o set 25 a 18.

O cuarto sabíase definitivo, e foi o máis igualado do partido. Nos comezos parecía que o Zalaeta marchaba discretamente no marcador (5-8/6-9), pero esta renda era neutralizada polo Ribeira Sacra, e chegábase ao empate a 12 e 14 tantos na metade do set.

Tras as táboas (16-16) o Ribeira Sacra marchaba no marcador 19 a 16 e a pesar dos esforzos do Zalaeta, que levaban a emoción ás gradas, lograban manter esta diferencia para pechar 25 a 21.

A segunda semifinal entre Calasancias Coruña e Emevé estivo dominada nos seus comezos polas herculinas. No primeiro asalto marcharon no marcador con diferencias entre os tres e catro puntos (5-2/10-7/18-13) que mantiveron durante todo o set para pechalo con comodidade 25 a 16.

Co primeiro no peto, as coruñesas despregaron con soltura o seu xogo no comezo do segundo asalto, poñéndose 8 a 3 na primeira metade. Pero pronto chegaría a reacción das lucenses, que cun xogo rápido e moi completo remontaban ata o 10-11 e daban emoción ao partido.

As herculinas botaban man da súa superioridade polo medio para resolver a situación e recuperar o dominio no marcador 16-14, pero o Emevé volvía á carga e empataba a 16 e 17 tantos para despois coller o mando do xogo na recta final, deixar o parcial visto para sentencia 23 a 19 e empatar co 20 a 25.

Con este resultado, a terceira manga sería crucial. O Calasancias sacudiu as sensacións do set anterior e saiu a por todas. A pesar do bó facer do Emevé, as coruñesas lograron sacar 5 puntos de distancia na primeira metade, 12 a 6, e conservaron este dominio ata o final de set que se resolveu 25 a 17.

O cuarto seguiu o mesmo esquema do anterior, e o Calasancias púxose con cinco puntos de diferencia 15-10 no ecuador do set. A pesar dos esforzos do Emevé, que chegou a empatar a 22, as de Lugo non puideron evitar a vitoria das campionas da liga regular, que sentenciaban o encontro 25 a 22.

A xornada da tarde abría coa final de consolación entre CV Zalaeta e Emevé, e a loita polo bronce tivo un claro dominador dende o comezo, que foron as lucenses.

As coruñesas, moi tocadas tras a derrota da mañá, foron incapaces de reaccionar ante un equipo de Lugo que non dubidou en ningún momento e sentenciou pola vía rápida en tres sets por 25-8, 25-12 e 25 -16.

Acto seguido, a final arrincou tan emocionante como se esperaba, con total igualdade e continuo intercambio de puntos, sen que ningún dos dous equipos puidera marchar máis de un ou dous tantos no marcador e chegando ao empate nos 18 puntos.

Entrando no desenlace do parcial seguíase a mesma tónica, con empate a 23 puntos, pero con bó saque, un bloqueo sólido e un potente ataque, o Calasancias fixo os dous puntos definitivos para levalo 25 a 23.

No segundo o Calasancias collía confianza e anotaba un parcial de 7-3 nos inicios ante un Ribeira Sacra que comenzaba a desesperarse e vía resentido o seu xogo dende a recepción.

Coas anfitrionas en horas baixas, as coruñesas chegaron a poñerse a dez puntos no 14-4. Unha boa racha do Ribeira Sacra recurtaba distancias (14-8 e 21-14), pero non era suficiente para parar ao Calasancias, que volvia á carga para pechar 25-17 e encamiñar a eliminatoria 2-0.

O terceiro parecía volver á tónica anterior con empates ata o 4-4, momento no que as coruñesas comezaban a despregar o seu xogo con moita seguridade para conseguir finalmente dobrar ás suas adversarias no marcador 14 a 7.

A pesar dos intentos das locais por achegarse no marcador, conseguindo poñerse a tres puntos no 18-15, as herculinas sabían que o set valía un campionato e non chegaron a perder en ningún momento a cara do partido (16-20/22-17), revalidando finalmente o título 25 a 17.

Tras a final tiro lugar a entrega de premios, na que estiveron presentes Don Julio Álvarez, Alcalde do Concello de Quiroga, Andrés Novoa, Concelleiro de Deportes, José A. Luna, Presidente da Federación Galega de Voleibol e Yolanda Manciñeira, Presidenta do CV Ribeira Sacra, equipo organizador do torneo. Durante a entrega ademais proclamouse a Lucía Varela, do Calasancias Coruña, como mellor xogadora do torneo.