O Breogán seguirá brindando con Estrella Galicia

0

A imaxe da empresa cervexeira loce unha tempada máis na camiseta coa que o equipo lucense loitará polo ascenso

O Pazo dos Deportes foi o escenario da presentación do patrocinio de Estrella Galicia co Leite Río Breogán e da estrea dos novos equipamentos co logo da marca no peito como xa fixera a pasada tempada en ACB.

A marca segue apostando polo proxecto e continuará sendo un piar básico para loitar polo regreso á máxima categoría.

No acto de presentación, rodeados polo equipo ao completo do Breogán, estiveron o responsable de patrocinio de Estrella Galicia, José Villanueva, o delegado en Lugo da marca, Pedro Gay, o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare e o director xeral da entidade celeste Tito Díaz.

O presidente do club agradeceu o apoio que Estrella Galicia brinda ao Breogán un ano máis, e expresou o orgullo de que unha empresa galega e coa dimensión de Estrella Galicia luza na camiseta celeste: «Agradecemos enormemente o esforzo de Estrella Galicia por seguir apostando por nós tamén en LEB e na loita polo regreso».

José Villanueva, responsable de patrocinios de Estrella Galicia afirmou que «é un día especial porque presentamos o afianzamento dunha relación como patrocinador. Entendemos que este matrimonio funciona e cremos que o vivido o ano pasado no Pazo, co apoio dunha gran afección e unha cidade e unha provincia implicadas, merece a achega do noso gran de area para loitar polo regreso».

Nota de prensa del CB Breogán