O partido é declarado día do club polo que os aboados pagarán un suplemento para presenciar o partido e terán outras vantaxes
O Club Baloncesto Breogan amplía o prazo de venda ata o vindeiro mércores dia 12 de decembro ás 12:00 horas, para que os abonados da tempada 2018/2019 poidan mercar o suplemento que lles permita presenciar o partido contra o Real Madrid na súa localidade de abono (Domingo 16, 17:00 horas).
Os abonados terán que loguearse na páxina web do Club www.cbbreogan.com e premer no apartado «TAQUILLA», co seu numero de aboado e cumprimentando os datos solicitados para acceder.
Os prezos unitarios do suplemento serán de 12 euros para os sénior, 10 para xoves e universitarios, e 8€ para a categoría infantil independentemente da zona do abono.
Os aboados do club contarán adicionalmente cun prazo exclusivo, que vai do mercores día 12 as 17 horas ao venres 14 as 14:00 horas, para mercar unha entrada opcional adicional por cada carné de aboado, a prezo xeral, nos asentos que queden liberados polos abonados QUE NON MERCARAN O SUPLEMENTO asi como o RESTO DE CADEIRAS DISPOÑIBLES (básicamente en fondos Campus).
Os non aboados poderán mercar as entradas restantes, si as houbera, dende o venres 14 ás 17:00 horas a razón de dúas entradas por compra online.
PREZOS ENTRADAS XERAL (Non aboados e entrada adicional opcional):
