Esta fin de semana vai se desenvolver a fase final do campionato de Copa Galicia de 1ª Autonómica Masculina de Balonmán. A organización de este evento foi concedida nesta edición 2014/2015 ao BALONMÁN PABELLÓN OURENSE.
A esta fase final acceden os equipos seguintes:
- RASOEIRO BM.
- BM. CAMARIÑAS
- BM. PORRIÑO GALSERCO
- BM. PABELLÓN OURENSE
Estes equipo chegan a disputar esta fase final despois de clasificarse na fase previa que se ten celebrado no mes de setembro.
O programa co gallo deste evento será o seguinte:
Sábado, 25 de abril – Polideportivo de Oira
17:00 horas, 1ª semifinal: Bm. Pabellón Ourense – Rasoeiro Bm.
19,00 horas, 2ª semifinal: Bm. Camariñas – Bm. Porriño Galserco
Domingo, 26 de abril – Os Remedios, pista Central
10:30 horas, 3º e 4º posto: Perdedor da 1ª semifinal – Perdedor da 2ª semifinal
12:30 horas, Final: Gañador da 1ª semifinal – Gañador da 2ª semifinal
14:15 horas, entrega de trofeos.
Destacar que o Bm. Camariñas e o Bm. Porriño Galserco veñen de se proclamar Campión e subcampión, respectivamente, da liga de 1ª Autonómica polo que disputaran en breve a fase de ascenso a 1ª División Nacional.