[alert type=»success»]

 Nova Xestion: Cerviño (p), Nogueron (2), Perez, Fran (1), Dani (1), Xurxo (5), Javier (4), B. Perez, Victor (1), Barreiro, Manuel, Fernando (p), Alejandro (3) e Ruben (P) Entrenador: Diego Lorenzo, Of-Del: Santiago Rodriguez[/alert]

 
Tal e como comezou o Sábado para os senior do Nova Xestión, todo apuntaba a que non ía ser unha tarde doada. O partido xogouse nun campo que non era o designado, mais tarde do marcado, e nunhas condicions nada propocias… case sen luz, e cunha segunda parte mais pendentes de manterse en pe e non mancarse, que doutra cousa…
 
A pesar de todos os infortunios, os pabellonistas comezaron o partido cun dominio absoluto, chegando ao descanso cunha avantaxe de 6 goles (11-17),sen apenas acusar as tres baixas importantes que tiñan, sen Borja, Brais e Gabriel por diversos motivos.
 
A segunda parte, nada tivo que ver ca primeira, apareceron dous contratempos, por un lado, a humidade da pista, que a facia casi impraticable, na que costaba manterse de pe, esvarabase continuamente, co risco que eso supon. E por outro lado, as decisión da parella arbitral, que intimidados por unha grada ruidosa, comezaron a tomar decisions, bastante dubitativas e negativas para os das burgas. Permitindo certas accions nun área e noutra non, como por exemplo, parar o tempo para limpar a humidade do solo para os da casa, e non permitilo cando os que esvaraban eran os visitantes.
 
Ata o minuto 50 de partido o dominio Ourensan era indiscutible,a partir de ahi..saimos do partido, inda asi, no ultimo minuto tivemos un penalti para Javi ó noso favor, e un lanzamento de Xurxo nos últimos segundos que non fumos quen de meter. Debese destacar a actuación dos tres porteiros, e a Xurxo que foi o máximo anotador do encontro con 5 goles.
 
A próxima semana o Nova Xestion xoga no polideportivo de Oira as 18:00 contra un complicado Camariñas, que esta invicto e de primeiro na Liga.
 
 
 
Resultados base:
 
 
Xuvenil Masculino: Duro viaxe a Viveiro, pero que saldaron cun marcador a favor de 21-41. Destacar os 10 goles de Javier e os 9 de Martín, nun partido que durou, o que lle duraron as forzas o equipo local. Nova Xestion 21 – 41 Galipizza
 
Cadete Masculino: Os do Nova Xestion costoulle entrar no partido, a pesares de ser uns dos seus peores xogos no que vai de liga, trouxeron dous puntos para casa, con Sampayo con 10 goles, e un triple empate a 7 goles entre Noguerol, Pablo e Israel.
 
Infantil Masculino: Partido irregular do Nova Xestion, que pudo facerse co triunfo nun partido intenso, que se declinou de parte do Seis de Nadal de coia. Destacar a actuación de Roi baixo os paos e a de Salva como máximo anotador con 5 goles, seguido de Luis e Alvaro con 4 goles cada un. Nova Xestion 17-21 Seis do Nadal