[alert type=»success»]

Balonmán Tui 19- 22 Nova Xestión Pabellón.

Nova Xestión: Cerviño (p), Noguerol (5),Borja (1), Fran, Daniel, Xurxo (1), Javier (6), Brais, Victor, Manuel (1), Fernando (p), Gabriel (1), Alejandro (7) e Ruben ( P ) Entrenador: Diego Aunx: Alvaro, Of-Del: Jorge[/alert]

 

O Nova Xestión Pabellón desplazouse o sábado para xogar o partido pertencente a cuarta xornada de Liga contra o Bm Tui. Arrancou o partido do lado dos das Burgas cun partial de 1-4 grazas, en parte, a unha defensa moi boa sobre o pilar ofensivo dos de Tui, o seu pivote. Esto fixo que o equipo local en vez de irse a baixo, loitara para ir ó descanso cun apretado 10-11.

Na segunda metade seguiu o acerto defensivo por parte dos visitantes, e con Gabriel no centro, os do Nova Xestion tamén melloraron ofensivamente, mantendo durante a segunda metade rentas de entre dous e catro goles. O final foi apretado, polas duas exclusions aos visitantes, Xurxo e Noguerol, nos ultimos 5 minutos, que a priori facían peligrar o marcador. 

Un penalti parado por Fernando, tranquilizou o resultado acabando cun 19-22. Destacar a Alejandro con 7 goles e o xuvenil Javier con 6. O Nova Xestion Pabellon sae de Tui cun balance de tres victorias e unha derrota, situados na taboa en terceira posicion, tendo por encima o sempre complicado Camariñas e o Seis do Nadal.

 

A próxima xornada toca outra vez desprazarse, esta vez, para enfrentarse ó Pontedeume. 

 

Resultado Base:

Infantiles Masc: Perdeu o Nova Xestion Pabellon 28-17 contra o Cisne, equipo que marcha segundo clasificado, marcando o visitante Luis M. 13 goles dos 17.

Xuvenil Masculino: Nova Xestion Pabellon 44 – 32 Naron, destacando o local Javier, con 17 goles.