O Bande pon a eliminatoria de cara ante a UD Ourense (0-2)

0

 

Tal e como se presumía o partido foi moi complicado. Os primeiros minutos foron de tanteo sen que ningún dos dous equipos creara excesivo perigo na área contraria. O partido rompeuse aos 20 minutos cando o Bande aproveitou un córner para porse por diante no marcador cun remate de Quini. A este mazazo seguiulle a lesión de Toni que deixou orfo o medio do campo á media hora. O partido transcurría co Ourense intentanto achegarse á porta defendida por Manu Taranilla e o Bande á espera dunha contra para aumentar a vantaxe no marcador.

A insistencia ourensanista obtivo premio cun penalti que lle daba a oportunidade de igualar o partido. O lanzamento de Rubén Durán foi atallado por Taranilla. A pesares do contratempo do penalti errado e das dificultades que puña o Bande co seu plantexamento os ourensanistas seguiron loitando e porfiando. Pouco despois Fran Martínez cabeceaba a gol un balón centrado dende a dereita pero a xogada era invalidada por fóra de xogo.

A puntilla chegou no tempo de desconto. David Soares conseguiu roubar un balón na zona defensiva ourensanista habilitando a Fon para que fixera o 0-2 a porta baleira. Despois deste resultado a eliminatoria está moi complicada, pero aínda queda o partido de volta o día 13 de abril, xoves santo. Un mes e medio por diante, a ver en que condicións chegamos os dous equipos a esa cita.

 

Galería

DP UD Ourense