O Auriense FG vence con claridade o Terras do Eume

0

 

O partido, igualado nos primeiros minutos de xogo, rápidamente púxose de cara para o equipo ourensán, cun gran acerto cara a portería e paus, e con moita superioridade no manexo do balón na segunda liña.

Ao final: 8 (02-02) 36 (9-9) que confirma que o Auriense busca competir cos equipos de parte de arriba da táboa, pese a ser o segundo ano que compite nesta Liga Galega.

O vindeiro fin de semana, partido en Vigo contra o Keltoi, un encontro moi igualado e con posibilidades para ambos equipos.

 

PRE- CONVOCATORIA DA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL GALEGO

No mes de Marzo, a selección galega recibe á selección francesa no campo Novo de A Estrada. Na primeira convocatoria contamos con representación ourensán, na figura de Lois González, capitán do Auriense FG.