Tanto o equipo feminino como o masculino do Auriense FG, sitúanse segundos da táboa clasificatoria, tendo en conta que parten cun partido menos que moitos dos equipos restantes, debido aos encontros aprazados a principio de tempada.
A nivel individual, destacar tamén que as dúas Albas ( Rodríguez Fernández e Rodríguez Vázquez) e Millán Brea consolídanse na táboa de goleadoras da competición, destacando que o cadro masculino soamente leva un partido en todo o ano. Unha Liga que comeza moi prometedora para os conxuntos do Auriense, e que agardemos traia en breve unha xeira de bos resultados para os nosos equipos.
Esta fin de semana, tanto masculino coma feminino descansan, para viaxar a fin de semana do 10 de Decembro a As Pontes (masculino) e Pontevedra (feminino), onde xa poderemos facernos unha idea do nivel ao que chegan os dous planteis.