Logo da disputa do Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub16 en Ourense, terían que pasar nada menos que cinco meses de inactividade en pista, para que o atletismo galego volvera ás competicións nunha xornada de control bautizada como ̈Voltamos ̈ que estaría marcada polas estritas medidas de seguridade e as enormes gañas e motivación en competir por parte das/os atletas.

A aplicación do protocolo de seguridade, lebado a cabo de maneira impecable polos membros do Comité COVID19, obrigaría a extremar as medidas que en todo momento estiveron presentes na xornada e que foron moi ben aceptadas e seguidas tanto por atletas como polo escaso e previamente restrinxido público existente. Proba da esixencia destas medidas, foi a activación do Protocolo ante unha posible sospeita comunicada e que obrigou tanto a atleta, adestrador como demáis membros do grupo de adestramento a permanecer nos seus domicilios confinados.

 

Interesantes rexistros

No apartado meramente deportivo, producíronse interesantes rexistros tendo en conta as circunstancias da tempada. Nas probas de volocidade o atleta do C.A.Santiago Victor Mosteiro, impúxose tanto nos 100 m. con 11.00 como nos 200 m. con 22.02 sendo na categoría femenina onde a subcampioa mundial paraolímpica e campioa galega absoluta das distancias, Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural faría o propio con 12.48 e 25.65.

David de la Fuenteda Gimnástica domiñou os 800 m. corridos por rúa única con 1:52.88 correspondendo o triunfo na categoría femenina para Angela González con 2:17.10.

Os concursos de triplo tiveron á subcampioa galega absoluta Alba Cuns do Negreira como triunfadora desta xornada con12.34m. entanto que na categoría masculina poidemos presenciar un interesante man a man entre Pablo Saa do Celta e Juan Piñeiro do Vila de Cangas con triunfo para este último con 13.86 m.

No restro de concursos salientar as actuacións de Juan Manuel Barbosa da Gimástica en martelo con 43.49 m. e de Patricia Correa do A.F. Celta con 44.82 m. así como a dos lanzadores do C.A.Sada María Ezquerro con 37.20 m. Manuel Penas 32.73. No martelo Sub20 o lanzador do Celta Yago Araujo lograba 62.69 m. lonxe dos seus 67.23 de finais de xullo en Vila Nova

Por último nos valos, excelentes os rexistros do Sub16 Martiño Caneda quen na proba dos 300 valos lograba parar o crono en 42.41 así como os das asturianas Alba Rodríguez na mesma proba con 45.35 (liderara o ranking nacional) e Nora Suárez quen marcaría 1:03.21. nos 400 valos. Nesta ultima distancia, o lucense e campión galego Iago Lugilde arrincaría a tempada conseguido uns moi interesantes 57.27.