O Club Deportivo Arenteiro cumpriu 60 anos. O club preparou unha xornada conmemorativa coincidindo co partido de liga contra o Boiro e, por suposto, contou coa presenza da Real Federación Galega de Fútbol, representada polo presidente Rafael Louzán, que estivo acompañado polo vicepresidente José Manuel Fernández Cid e polo delegado en Ourense, Raúl Rois.

Os actos comezaron visitando a exposición fotográfica que o club preparou para recordar graficamente estes 60 anos de historia. Logo houbo un acto institucional no Concello, un xantar e finalmente todos se trasladaron ó campo do Espiñedo para presenciar o partido de liga contra o Boiro. Nos prolegómenos o presidente da RFGF entregoulle ó presidente do club, Xan Pinal, unha placa conmemorativa deste momento histórico.

 

Reparto de puntos insuficiente para a tranquilidade do Arenteiro, afectado por posibles arrastres de Segunda B, ante o Boiro nun partido que comezou con protesta polos impagos que sofren os xogadores do conxunto da Barbanza. Os dous equipos non disputaron o primeiro minuto baixo unha ovación dos afeccionados que abarrotaban as gradas de Espiñedo, que celebrou o 60 aniversario da fundación do club.

O conxunto carballinés tiña que sumar os tres puntos, mentres que o Boiro aplicouse cunha intensidade máis baixa, sobre todo pola gran intensidad física que os locais lle metron o partido e por non ter obxectivos clasificatorios. Na recta final da primeira metade  adiantouse no marcador o Boiro cun gol de Caridad no minutro 36. Na segunda parte, os de Manel Vázquez levaron o peso do partido e no minuto 69 Brais Vidal logrou empatar. Hugo ocasións para que os puntos quedásense en casa.

 

Comunicado do CD Arenteiro respecto o supongo intento de amaño do partido ante o Boiro por parte aun empresario local 

ANTE AS INFORMACIÓNS PUBLICADAS NO XORNAL “LA VOZ DE GALICIA” RELATIVAS A UN SUPOSTO INTENTO DE MANIPULAR MEDIANTE UN SOBORNO O RESULTADO DO PARTIDO XOGADO ONTE ENTRE CD ARENTEIRO E CD BOIRO, CORRESPONDENTE A 35 XORNADA DA 3ª DIVISIÓN, A XUNTA DIRECTIVA DESTE CLUB, QUERE MANIFESTAR:

 

  1. COMO DE FORMA OBVIA RECOLLE A PROPIA INFORMACIÓN, CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO, A XUNTA DIRECTIVA, XOGADORES E TÉCNICOS, SON COMPLETAMENTE ALLEOS A ESTES FEITOS, QUE DE FORMA TAXATIVA REXEITAMOS.
  2. DENDE CD ARENTEIRO, ALABAMOS A PROFESIONALIDADE DO ADESTRADOR DO CD BOIRO, QUE PUXO EN COÑECEMENTO DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL ESTE FEITO SALVAGARDANDO A HONORABILIDADE DE AMBOS CLUBES.
  3. DENDE CD ARENTEIRO LAMENTAMOS ESTE EPISODIO E MAÍS AÍNDA NUN MOMENTO NO QUE XUNTA DIRECTIVA, XOGADORES E TÉCNICOS ESTAMOS CENTRADOS EN CONSEGUIR O OBXETIVO DA PERMANENCIA EN 3ª DIVISIÓN, POLO QUE SERÍA LAMENTABLE QUE ESTA SITUACIÓN EXTRADEPORTIVA RESPONDA A UN ÁNIMO DE DESESTABILIZAR AO CLUB ANTE OS PRÓXIMOS E TRANSCENDENTAIS ENCONTROS QUE NOS ESPERAN.

 

O CARBALLIÑO, A 29 DE ABRIL DE 2018.

ASINADO: A XUNTA DIRECTIVA DE CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO.