Foto: © Carlos Domarco

Ourense, 2 de marzo de 2020.-  O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valora coma “extraordinario o impacto para Ourense” do campionato nacional de atletismo que durante a fin de semana se celebrou en Expourense. E que non fai máis que reforzar esa aposta personal que fixera no seu momento por unha infraestrutura deportiva destas características que é a terceira máis importante de España.

O alcalde fai tamén fincapé, máis alo da repercusión deportiva, no que supuxo para a cidade, sobre todo no que se refire á ocupación hoteleira, que segundo os datos chegou a ser do cen por cen, así como no ámbito da restauración, e o incremento de visitantes que se produciu en torno a este evento deportivo de primeiro nivel nacional.

Neste senso, Gonzalo Pérez Jácome, fai referencia á repercusión mediática, tendo en conta que unha canle pública de televisión, como é Teledeporte realizou unha retransmisión en directo do campionato durante doce horas, co cal se proxectou a imaxe da cidade e se conqueriu una promoción de Ourense a través do campionato de atletismo. É por isto que o rexedor asegura que “como dixera en outubro de 2015, no senso de que está infraestrutura atraería miles de visitantes ao ano, confírmase”.

De ahí que espera que no futuro a pista de atletismo cuberta de Expourense poida acoller campionatos internacionais, tendo en conta que se trata dunhas instalacións de primeiro nivel, coas últimas tecnoloxías e das mellores de Europa, co cal se converterá nunha referencia da que, entende, “se debe aproveitar a nosa cidade”.