O alcalde de Ourense reunirase con representantes de clubs de fútbol e de baloncesto da cidade

0

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reunirase esta semana con representantes do Club Ourense Baloncesto e da U.D. Ourense coa intención de atopar solucións á súa supervivencia como clubs e nas súas respectivas categorías, no caso do COB na LEB Ouro, e da UD Ourense na Terceira División.

Deste xeito, o rexedor quere contribuír a que poidan ter viabilidade e facerlles fronte ás necesidades para seguir competindo.

Nota de prensa del Concello de Ourense