O alcalde de Ourense recibe na Alcaldía o Policía Local, David Davite Aguiar «deportista de alto nivel»

0

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, recibiu na Alcaldía o Policía Local David Davite Aguiar, que foi nomeado recentemente (no BOE do luns, 30 de decembro de 2019) deportista de alto nivel polo 4º posto acadado coa selección española de Tiro Olímpico no Campionato de Europa celebrado en Serbia.

Para darlle os parabéns ao policía local acudiron tamén os concelleiros de Seguridade Cidadá, María del Mar Fernández Dibuja, e de Recursos Humanos, Armando Ojea.

O alcalde anunciou que «é un privilexio telo na plantilla da Policía Local», na que é instrutor de tiro, e salientou «a súa capacidade profesional e deportiva no seu día a día».