«O ABRAZO DO FÚTBOL»: proxecto socio educativo do CD Seixalbo

0

 

 

Na súa humilde estructura, o CD Seixalbo conta con un equipo senior e outro xuvenil onde conflúen xogadores de diferentes barrios da cidade e nacionalidades. Equipo de base e un equipo mixto xa que conta con unha moza na súa plantilla, tamén forman parte da mesma ata tres xogadores inmigrantes así, nos seus adestramentos fálase galego, fancés, castelán e wolof. Líder provincial destacado en deportividade suxéta seus pilares nos valores como o respeto, a solidariedade, a inclusión social e a educación. O equipo senior que ben de acadar o pasado campionato ligueiro e entre os dous conxuntos o clube achégase o medio centenar de futbolistas; os máis de 710 socios cos que conta na actualidade avalan este proxecto. 

O equipo xuvenil está composto por mozos de entre 15 e 17 anos, unhas idades difíciles nas que a cotío descubren novos conceptos e situacións da vida. Proceden de situacións familiares diferentes e como equipo que son loitan xuntos para derribar barreiras cada xornada. Aproveitando as datas do nadal e co obxectivo de mellorar a súa formación educativa e pedagóxica desenvolveránse unha serie de actividades co seguinte cronograma:

 

Decembro 2016:

Xoves 22 e venres 23. 10:00h.- Almorzo solidario con usuarios do Comité cidadán antisida Ourense.
Luns 26, martes 27 e mércores 28. 17:45h- Merenda solidaria con usuarios da Asociación Afahor 2.0 Alzheimer.

Xaneiro 2017:

Martes 3 xaneiro.- 17:00h.- Visita Voluntariado Cruz Vermella Ourense.

*Agás da visita o servizo de Voluntariado da Cruz Vermella os encontros envólvense en forma de almorzos/café/merendas solidarias na que os futbolistas interactúan e intercambian experiencias enriquecedoras cos diferentes usuarios do Comité Antisida e da Asociación Alzheimer, utilizando o fútbol como linguaxe planetario.