O 4 DE AGOSTO CELEBRARASE O II TRÍATLON CONCELLO DE RIANXO CON CASE 150 INSCRITOS

Mañá sábado 4 de agosto disputarase a segunda edición do Tríatlon Popular Concello de Rianxo, con case 150 deportistas inscritos.

0

 

A proba comezará ás 18:00 horas e disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe). A saída terá lugar dende o porto de Rianxo, onde tamén estará ubicada a zona de transición, mentres que a meta será na Praza de Castelao.

Entre as inscritas na proba feminina está a gañadora do pasado ano Aida García (Tríatlon Rías Baixas) que terá como rivais á cadete Natalia Castro (Galaico Motobike Pontevedra), María López (Tríatlon Vilagarcía) ou Cristina Torres (Tríatlon Mar de Vigo), entre outras.

Na inscrición masculina figuran triatletas coma Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), Carlos Agra (Tríatlon Vilagarcía), Antonio Gómez (Natación Riveira) ou Abel Souto (Club Ciclista Riazor).

Ano 2017. Aída García (Olímpico de Vedra) e Carlos Brión (Natación Riveira) proclamáronse en setembro do pasado ano vencedores do I Tríatlon Popular Concello de Rianxo, no que participaron 130 triatletas.