O día 27 de novembro (18:00 horas) celebrarase na Casa do Deporte de Vigo a xornada de formación «Aspectos legais do deporte», organizada pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e dirixida fundamentalmente a federacións e clubs.

Os relatores serán Borja Ríos e Francisco Soto, expertos en dereito do Despacho Garriges.  Entre outros temas tratarase sobre a contratación de personal nos clubes, de aspectos legais básicos, da Lei de Voluntariado, da responsabilidade dos directivos… asuntos moi interesantes para os clubs.

Os interesados deben inscribirse en ufedega@gmail.com

Nota de prensa de la Federación Gallega de Balonmano