O 24 de agosto, Clínic de Balonmán no Concello do Rosal

0

O Acanor Atlético Novás, co motivo da celebración do XXI Trofeo Concello do Rosal, celebra un clinic sobre o noso deporte con tres poñentes de categoría: Edu Agulló, Manolo Cadenas e Ismael Martínez.

Edu Agulló, periodista nado en Pontevedra, é un dos maiores coñecedores do balonmán tanto nacional como internacional. O director do portal Handstation abordará un dos temas de moda: o uso das redes sociais.

Xunto a él, dous técnicos de diferentes perfís. Manolo Cadenas, actual
adestrador do Ademar de León e da selección arxentina, e un dos mellores preparadores da historia española, que exporá o seu relatorio «Estrutura dun sistema de ataque» e Isma Martínez, ata o pasado mes de maio, máximo responsable do Acanor Atlético Novás e nestes intres, técnico do Balonmán Porriño femenino. Un técnico de futuro e presente que enfoca a sua conferencia a psicoloxía, co título de «A psicoloxía nos grupos colectivos».

O clinic, enfocado a entrenadores, xogadores e afeccionados, levarase a cabo durante toda a mañá do sábado. As inscricións son de balde a través do correo info@atleticonovas.com

Nota de prensa de la Federación Gallega de Balonmano