Un total de 7.702 fichas son as que na actualidade están tramitadas na base de datos da FGA para esta tempada 2019. Este dato, que inclúe a categoría Sub8 así como o periodo de “ampliación” dos catro meses, representa un incremento do 5,6 % en relación ás fichas dadas de alta no mesmo periodo do ano pasado o que representa un número récord na tramitación das mesmas.

O maior incremento dase na categoría Sub 12 onde se acadan 144 novas tramitacións e na Sub14 con 118, sendo a categoría senior quen acusa un lixeiro descenso con 44 licenzas menos.

As fichas máster representan o maior volume por categorías con 22,39 % seguida das Sub12 con 16,19 % e das Sub14 co 15%.

En canto ó porcentaxe por sexos, as fichas femininas logran un incremento de máis de dous puntos con respecto ó ano pasado onde pasan do 40,4% do 2018 ó 42,6% deste ano cun numero total de 2.949 licenzas.

Nota de prensa de la Federación Gallega de Atletismo