Nuevo reto en Santa Isabel para el Victoria FC ante el Oviedo B

0

Nova cita para o Victoria F.C. da 1.ª Nacional Feminina este domingo en Santa Isabel a partir das 16.00 horas. O conxunto compostelán busca o ánimo dos seus afeccionados para loitar polo cuarto triunfo da temporada ante un Oviedo B moi perigoso e con moita calidade.

De novo, o técnico compostelán Chivi García contará coas baixas de Ánxela, Inés e Carlita por mor da lacra das escordaduras de nocelos que padece o plantel, tres ausencias importantes de cara a un partido ante un rival novo na categoría que como filial conta con «xente moi xoven, de talento e amosa un xogo moi correoso». Así o entende o adestrador do Victoria F.C. que entende que a clave o domingo «estará en ver se o equipo mudou o ánimo despois da derrota ante o Viajes Interrías (4-0) e sacamos proveito do feito de volver a xogar en Santa Isabel para  amosar o bo xogo que estamos a facer como locais».

«O que máis me preocupa é o estado mental das xogadoras, que nos precipitemos e teñamos pérdidas de balón innecesarias porque o Oviedo vai saber sacar proveito ás transicións», insiste Chivi García.

O Victoria F.C. afronta a séptima xonada de Liga como quinto clasificado con 10 puntos despois dos seus tres triunfos -ante o Sporting de Gijón B (1-6), o Racing b (4-1) e o Oceja (6-1)- un empate e dúas derrotas. Pola súa banda, o Oviedo Moderno B é séptimo con 8 puntos tras dúas victorias, dous empates e dúas derrotas.

Nota de prensa del Victoria FC