Novo autobús para o Clube CENTED Academy

Presentación do novo autobús do Clube de fútbol CENTED Academy, rotulado para promocionar os atractivos turísticos de Ourense.

0
Novo autobús do club de fútbol CENTED Academy, rotulado para promocionar os atractivos turísticos de Ourense.

 

Ourense, 25 de xaneiro de 2022.- O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e representantes dos grupos políticos municipais e provinciais, asistiron esta mañá á presentación do novo autobús do Clube de fútbol CENTED Academy, rotulado con motivos da cidade e da provincia de Ourense, que será o que utilicen os xogadores do equipo nos seus desprazamentos.

 

Gonzalo Jácome afirmou que “é unha honra recibir na Praza Maior a este club de fútbol” que, aínda que xoga habitualmente en Vilariño, ten as súas oficinas e o seu centro de formación en Ourense, e “darlles a benvida e apoiarlles a eles e a todos os clubes da cidade”. O rexedor felicitou ao clube pola iniciativa e asegurou: “no que poidamos, aí estaremos”.

 

Pola súa banda, o presidente do club, Manu Cerón explicou os motivos desta iniciativa: “Á parte da formación dos nenos, entendemos fundamental tamén darlle valor a Ourense, cidade e provincia. Temos uns atractivos enormes e con esta campaña queremos dar a coñecer todas as marabillas que temos, que non son poucas, cada vez que nos depracemos a xogar fóra da cidade”.