O Barbadás alarga a súa particular costa de xaneiro a febreiro e segue sen sumar unha vitoria desde fai nove xornadas. Onte caía nos Carrís ante un Boiro que saíu líder tras perder o Cerceda en casa ante o Villalbés.

 

O Boiro deixou claras as súas intencións xa no minuto 1 cando dispuxo da primeira ocasión cun disparo de Isi desde o interior dereito que detivo sen problemas Reguero. Despois sucedéronse os intentos visitantes para chegar á meta defendida onte por Miguel, que substituía a Berto debido a unha lesión no quecemento.

O Barbadás estaba ben asentado, e rogaba con estilo pero o Boiro avisou no minuto 33 cun disparo escorado de Rivera que se foi ao lateral da meta de miguel. Despois tentouno Alfredo a pase de Matelo pero a pesar de verse só na frontal da área, enviou cruzado á esquerda de Reguero. Acto seguido mazazo para os locais, centro desde a esquerda de Cano sobre o segundo pau raso que non consegue despexar a defensa, non chega a rematar Rivera pero si o fai Paco, que libre de marca adianta ao seu equipo.

 

Saíron os locais a polo partido e era  Alfredo o primeiro en avisar, pero enseguida o Barbadás recibía outro golpe tras encaixar o segundo gol. Xogada pola esquerda con centro de Herbert sobre a área onde Yahvé, completamente só unha vez mais, remata raso á esquerda de Miguel.

Os cambios de Peluso tentaban meter os seus discípulos no partido e pronto se verían os froitos. Xogada deLuís González polo interior esquerdo pero o seu centro non atopa rematador. O gol de Moisés a falta de dez minutos, de cabeza a un centro desde a dereita, deulle un pouco de emoción ao partido e meteulle o medo no corpo os boirenses que a piques estuvieron de sentenciar mentras os locais trataban de reaccionar, pero a situación xa foi complicada. Alfredo cun disparo á base do pau da meta de Reguero, que terminou detendo o balón, asinou a última ocasión.